21.10.05

Xornadas sobre Ánxel Casal

Recibín hoxe o programa de "Anxel Casal, Unha vida por Galiza", as xornadas organizadas polo Concello de Santiago e o Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago que terán lugar en Santiago do 16 ao 18 de novembro. Unha iniciativa moi oportuna para estudar e debater sobre as dimensións da figura poliédrica de Casal (político, editor e promotor cultural) na sociedade do seu tempo. Alí estaremos.

Marcadores: