26.11.05

Un patrimonio marabilloso

É unha mágoa que a candidatura non pasase pola peneira da Unesco. Porén, o importante non é o resultado acadado e si, pola contra, o modélico do proceso, o vivido e aprendido polos milleiros de participantes na promoción da candidatura. Ese traballo constante, aloumiñado no berce da escola, que conseguiu ir contaxiando na autoestima e no entusiasmo, non sen resistencias e dificultades, a unha parte significativa da sociedade galega, tamén é un patrimonio marabilloso e unha obra mestra a potenciar. Os promotores da candidatura ofreceron ao longo destes catro anos un modelo de traballo cultural e educativo en man común que debería ser recoñecido e agradecido no moito que vale para o conxunto da sociedade. É de estrita xustiza premiar o traballo realizado durante dúas décadas por Ponte nas Ondas. O goberno galego debería facelo decontado e coa repercusión que merece labor tan destacado.

Actualización (27-11-05): hai moi interesantes posteos sobre o tema; recomendo os de Ian, Gago, Boedense e Rogerio.

Marcadores:

7 Comments:

Blogger Peke said...

Todo o que queiras, Brétemas, pero foi unha mágoa e, se me apuras, unha inxustiza.

3:57 PM  
Blogger Brétemas said...

Témome que a cuestión política debeu influír, sobre todo polo escaso apoio recibido do Ministerio de Cultura; tamén, lin, na prensa portuguesa, dos problemas de Portugal coa Unesco. A candidatura merece o recoñecemento que o xurado non lle outorgou.

4:42 PM  
Blogger Peke said...

¡Abofé que a merece! Mágoa non poder sacar a relucir todos os trapos sucios que coñezo sobre o goberno central a ministra de cultura. Agora o que nos queda é darlle moitos ánimos a Santiago Veloso para que non se afunda e continúe ao pé do canón para a próxima candidatura.

9:57 PM  
Anonymous Anônimo said...

Ó que hai que facer en vez de laiarse, é aproveitar o tirón que tivo esta iniciativa (pudo ter mais¡) e seguir loitando pra que iste rico patrimonio de todos nós non morra esquecido por todos¡

10:31 PM  
Blogger Brétemas said...

É certo, nada de laiarse, mais xente como Veloso merece ser homenaxeada. Houbo moitos momentos nos que os promotores da candidatura estiveron moi sós (que non todo foi como o que sucedeu nos tres últimos meses, cando houbo arroupe da Consellaría de Cultura).
Ten razón Veloso cando fala da necesidade de introducir o tratamento do folclore (a min gústame chamalo así) no currículum do ensino obrigatorio. Esa debería ser a primeira batalla gañada polo traballo da candidatura.

12:05 AM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Este comentário foi removido por um administrador do blog.

1:50 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Teño a sensación (e, neste sentido, a súa imaxe apunta tamén cara aí), dun certo voluntarismo e amateurismo na candidatura. A orixe (Ponte nas ondas) da iniciativa é, paradoxalmente, á vez a súa fortaleza e a súa debilidade. Infelizmente, non abonda coa importancia do contido, senon tamén hai que saber envolvelo ben. Por outra banda, a administración só serodiamente creeu na Candidatura e estas cousas non se improvisan dun día para outro.
A candidatura, se cadra incorporando con decisión tamén elementos da cultura material tradicional en vías de desaparición por consunción (por exemplo os oficios tradicionais de Galicia), debe perfeccionarse e intentalo de novo... e de paso pular todos para que as administracións de Galicia sexan as primeiras en evitar, con planificación, medios e decisións claras e firmes (máis alá dos laios, carteliños, actuacións inconexas e concursiños), a súa morte ¿non si?.
Alén da candidatura, penso que isto último -abandonado realmente da man de deus á iniciativa voluntarista do asociacionismo- vai ser o realmente importante.

1:53 PM  

Postar um comentário

<< Home