Primeira Noite da Edición
Quedamos razonablemente satisfeitos do resultado desta primeira Noite da edición. Pola numerosa presenza de editores, polo bo nivel da conferencia de Anxo Tarrio e do concerto (con dúas estreas mundiais de compositores galegos), así como pola elevada participación das editoriais nas votacións, constituíu un bo primeiro paso para consolidar un encontro anual que prestixie ao gremio noso. Con todo, sabemos que cómpre mellorar moitas cousas, sobre todo atopar un ritmo máis áxil nas entregas dos premios: todos os intervinientes abusamos do micrófono e o acto fíxose na súa parte final aburrido e longo de máis. Quizais, o máis interesante da noite, ademais das intervencións de Senín e Ferrín na recollida dos seus premios (moi aplaudidas as dúas), foi o anuncio da nova programación cultural e sobre o libro da TVG, que comezará co novo ano; aínda que a proxección dos anuncios de promoción da compra do libro galego no Nadal, que hoxe comezarán a emitirse, non chegou a entusiasmar a ninguén. Creo que a promoción do libro galego precisa dunha estética máis contemporánea e arriscada que a utilizada desta volta. Porén, o máis importante é a propia iniciativa da nova dirección da TVG de proporcionarlle maior visibilidade ao libro en galego, algo moi de subliñar e agradecer.
5 Comments:
Os de sempre, coma sempre. Na cultura galega non hai alternativa, como no cambio de lider no PP. Curioso.
Si, despois queren que se lea e merquen libros en galego. Agardemos que nos vindeiros anos chegue unha alternativa editorial que nos salve de tanta pamplina.
E o premio a Ferrín por que llo deron?
Por ese libro que inaugura un novo xénero: a entrevista histórico-ficción?
Veño percibindo neste e noutros blogs (non por parte do autor, senón dos comentaristas) unha pouco disimulada aversión ferriniana que non deixa de abraiarme...
En calquera caso, non estaría de máis algún programa na TVG estilo Las Noches Blancas de Telemadrid, o tan criticado Negro sobre Blanco de La 2 ou mesmo o soseras Estravagario. Materia prima haina. Precedentes tamén (eu sonlles un rapaciño, pero ¿non tivera Freixanes un programa deste tipo hai xa bastantes anos?
Esto é por mor de facer premios endogámicos...Que agardaban facendo un concurso no que se votan a sí mesmos?...curioso que os que mellor editan non estén nin nominados aos premios...
Postar um comentário
<< Home