27.2.06

Galegos na blogosfera

Hoxe Alberto Quián publica no Faro unha reportaxe sobre blos.

Marcadores:

7 Comments:

Anonymous Anônimo said...

É unha boa nova que os medios de comunicación tradicionais comecen a se ocupar de nós. A miña bitácora leva "morta" unha semana por asuntos técnicos: non existe, imposible vela, imposible tocala, Ren de ren... Moi probablemente, en Marzo, emigrarei a outro servidor. E non sabía que ía sentirme tan desacougado por levar tanto tempo ( a penas unha semana ) sen poder postear e discutir amigablemente coa xente. En fin, se hai cambios, xa avisarei. Apertas.

8:49 AM  
Blogger máis alá said...

Náufrago, ofrézoche o meu espacio para o que queiras. Gustoume o articulo sobre os blogs. Dans dixo unha cousa interesante: “ O mellor non é o que escribo, senón os comentarios”. Brétemas, penso que fuches moi modesto, tes lectores en máis partes do mundo.

12:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

A min gustoume, non a lin a versión en papel que supoño estará máis completa.

O único que botei en falta foi máis claridade á hora de comentar o fenómeno en Galiza.
Fala de 1000 blogs, cifra que considero foi facilitada ou ben polos entrevistados, ou ben produto da sua navegación pola rede galega.
Pero esa cifra corresponde ao fenómeno en língua galega.

E tamén, é unha mágoa que na versión en Internet apareza un erro "blogmillo" e non o todonadadiano de "blogomillo".

2:12 PM  
Anonymous Anônimo said...

Corrixo o último:
Porque aínda que Google dá máis resultados para Blogomillo, vai ser que o orixinal era: blogmillo.
Pois nada, pido disculpas polo último
:)

2:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

A verdade que si que é unha moi boa nova esa reportaxe, moi interesante, e de feito xa tomei boa nota. Resulta moi agradábel ler o Faro e atopar unha reportaxe coma esa, e pensar que nós formamos parte dese enorme océano cibernético de blogs en galego, aínda que sexa dende a sombra. Daquela, convido a tod@s a visitar o noso blog de A Porta Verde Do Sétimo Andar, pois a porta sempre está aberta ¡pasade sen chamar, bos e xenerosos! Un cálido saúdo.
http://aportaverde.blogspot.com/
e-mail: aportaverde@gmail.com

6:27 PM  
Blogger acedre said...

Coincido con Naufrago: gustame que os medios tradicionais se ocupen un pouco do fenomeno dos blogos. Anque neste caso poderian facer o comentario en galego xa que falaban do fenomeno das weblogs en Galicia.

7:12 PM  
Blogger Unknown said...

mi madriña... comezo a sufrir de vertixe... onde menos o esperas alí estás vinculada...

grande e enorme sorpresa... gracias moitas, brétemas.

por certo, gústame a túa campaña... ler libros e revistas, escoitar música, ir ao teatro, ser consumista por completo de cultura... todo iso en galego...

eu añadiría... 'non só'

4:18 PM  

Postar um comentário

<< Home