18.3.06

2005: baixa a produción editorial en galego

Comezan a aparecer os primeiros datos oficiais que testemuñan o que xa viñemos expresando nos últimos meses: durante 2005 baixou a edición en galego. Con todos, os avances da estatística do ISBN son menos alarmantes que as estimacións publicadas polo INE (que só recollen o editado en galego en Galicia). En concreto, segundo os meus datos a edición en galego baixaría durante 2005 (en número de títulos) a penas o 1,2% (pasando de de 1849 a 1827 referencias); pola contra a produción editorial realizada en Galicia medraría o 5,8% (pasando de 2618 referencias a 2.770).
A expensas da depuración destes datos e do estudo definitivo da Federación de Gremios (os editores estamos proporcionando os datos este mes), a crise de crecemento do libro en galego editado polos editores galegos é un feito innegable: publícanse menos títulos en galego (o que en principio, se aumenta a calidade, pode ser mesmo positivo) e descenden as tiradas medias, o que expresa que chegamos a menos lectores. Pola contra, semellante fenómeno (canto menos polos datos do ISBN) non sucede co conxunto da edición realizada en Galicia que medra, feito só explicable polo crecemento da publicación noutras linguas (un certo tirón exportador pode estar producíndose, o que sería outro motivo de esperanza). Collamos, pois, os datos con cautela.

Marcadores:

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

en cambio, cada día aumenta máis a producción de blogs en galego, moitos deles literarios.

será que, ante a imposibilidade de chegar moitas veces ó papel, recurren a esta vía para poder expresarse?

será que falla algo no mercado editorial galego...

5:38 PM  

Postar um comentário

<< Home