
Sei que somos moitos os devotos da
Cociña da escrita, o famoso libro no que
Daniel Cassany propoñía unha reflexión sobre a escrita e a redacción dos textos. Estes días acaba de aparecer a tradución
española de
Rere les línies, un ensaio sobre a lectura contemporánea. Nesta súa última obra Cassany reflexiona, tendo en conta que os textos e a lectura mudan dependendo das épocas da historia e das distintas comunidades, sobre cómo lemos neste século XXI e cáles son as circunstancias lectoras que nos condicionan. O cambio dos formatos (do libro á pantalla), o
zapping lector ou multilectura, as lecturas de divulgación científica son algúns dos novos fenómenos lectores estudados dende un enfoque que considera a lectura e a escrita como construcións sociais. Cassany propón no libro un interesante xogo para que os seus lectores non crean todo o que el escribe. Dentro duns días volveremos, máis de vagar, sobre os contidos deste libro imprescindible.

Por certo, Anagrama tamén anuncia a aparición de
El control de la palabra de André Schiffrin, continuación da análise dos efectos da concentración editorial, iniciado co seu famoso
La edición sin editores. Promete.
Marcadores: Ensaio, Novidades
1 Comments:
Máis unha vez, obrigada pola info. Parécenme ambos interesantísimos.
Postar um comentário
<< Home