Abril: mes dos libros
É unha auténtica marabilla este cartel de Patricia Castelao anunciando o mes dos libros que promove a Consellaría de Cultura. Esta ilustradora axigántase con cada novo traballo.
Marcadores: Efemérides
Notas do traballo de edición
Marcadores: Efemérides
9 Comments:
tamén na Arxentina, abril é sinónimo de libros xa que temos, precisamente, a Feria Internacional del Libro que, cada ano, xunta máis dun millón de persoas que a visitan, mercan ou non, asisten ou non as conferencias, pero -polo menos- deixanse apertar por milleiros de libros. Iso xa é bo...
Se quixera visitar esta marabillosa Feria, é vostede moi benvido!!
Si, este ano haberá unha maior presenza de libros galegos na Feira de Bos Aires. Estes días estivemos preparando unha selección de libros de poesía de mulleres. Claro que gostaría visitala, mais temo que, este ano, non será posible.
Fermosísimo e suxerinte cartel, o certo é que a ilustración e o deseño en galicia ten unhas cotas de calidade moi altas.
Algo terá que ver a memoria colectiva.
Un saúdo
Coñecía xa traballos desta rapaza grazas a un amigo que tamén é ilustrador. O seu traballo paréceme que demostra habilidade e sensibilidade.
Un acerto da xunta a escolla.
chulísimo!
Un bo chocolate, boa compañía, e un par de libros... moi suxerente, preciosa ilustración.
¿Sabedes onde se pode conseguir un marcapaxinas e/ou cartel destes? Colecciono marcapaxinas dende hai anos e intercambio con persoas de todo o planeta, tristemente, apenas conto na miña colección con marcalibros da nosa terra, aquí é imposible atopalos!
Catuxa, non cho sabía. Se me envías un correo co teu enderezo postal, mándoche un petotiño de marcadores. Non é por fachendear pero nós editamos algúns ben curriños.
Catuxa, xa teño visto que andas a buscar marcapáxinas por outros blogs. Pois neste país fanse coma en ningún.
Teño na man un de hai varios anos cunha poliña de toxo florido que é unha preciosidade. Onte, nunha librería de madrid déronme dous redondiños, cun piquiño, que nunca cousa tan chusca vira . Cando lle din volta: vaia sorpresa! Era unha editorial galega, seica nova e de Pontevedra. Ti non serás a Catuxa neta de Carmiña de Santiago, que chos facía chegar.
"Anonymous" ;), non dubido de que en Galicia hai marcapaxinas de ensoño, tiven a sorte de ver en outros coleccionistas alguns dos que edita a editorial Kalandraka por exemplo e son preciosos, pero do que me queixo e de que é dificilisimo chegar a eles :(, os hai, si, pero non se atopan facilmente. Paradoxicamente, coma ti dis, foi en Madrid onde te deron os da editorial pontevedresa, se o final pasa coma co marisco: quitano da nosa terra para vendelo fora!
P.D. non son a neta de Carmiña, sintoo
Postar um comentário
<< Home