
Onte antes de comezar a
presentación,
Suso contoume a súa alegría pola volta á rede das súas
Botelhas ao mar. Perdidas nun servidor foron recuperadas por un xeneroso e hábil lector que publicou sete delas en forma de
blog. En realidade, estes textos, moi interesantes, constitúen un dos nosos antecedentes de prosa electrónica (publicábanse mensualmente) e a súa recuperación demostra que unha das funcións do formato blog é a de arquivo. A boa noticia das botelhas coincidiu, tamé, co peche das probas de
Home sen nome, a novela (case catrocentas páxinas) que aparecerá na primeira semana de maio nas librarías galegas. Falaremos dela estes días, unha vez que traballemos os paratextos.
Marcadores: Autores, Blogs
1 Comments:
o outro dia deixou un comentario na historia de chuza donde se difundiu o blog que recupera as botelhas... moi "majo" o suso este :D
Postar um comentário
<< Home