21.4.06

A noite dos libros

Vía María coñezo esta iniciativa tan chula de animación do día do libro en Madrid. Pola contra, o goberno municipal de Vigo impide que os libreiros saquen os seus libros á rúa. Viva a barbarie!

Recomendo a crónica de Oulego.

Etiquetas: ,

Marcadores:

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Veño de ler con todo luxo de detalles a iniciativa. E só podo dicir unha cousa: dáme envexa, canto daría eu por ver algo así aquí, que felices seriamos os que gostamos do libro de poder disfrutar de algo tan grande na nosa cidade. A ver se algún día... Grazas por esta información.

12:23 PM  
Blogger XESÚS MANUEL MARCOS said...

A verdade é que estivo moi ben. Tampouco é que estas iniciativas se prodiguen todos os días, mais é un bo camiño: sacar a literatura á rúa, mesturar a lectores a autores supoño que axudará a facer a literatura máis visible.

Apertas.

3:45 PM  

Postar um comentário

<< Home