3.5.06

Libro aberto e clubes de lectores

Esta noite inicia a súa emisión Libro aberto, o agardado novo programa sobre libros e literatura da TVG. Polas noticias que temos o programa vai ser moi xeitoso e dinámico, con protagonismo importante dos clubes de lectores das bibliotecas. O programa de hoxe centrarase arredor de Corredores de sombra, a obra máis recente de Agustín Fernández Paz, que será entrevistado por Manuel Romón, o condutor do programa (un acerto recuperar a este Rompente para a programación cultural). A novela de Agustín foi traballada a fondo polo clube de lectores da Biblioteca Moaña, que prepararaon varias preguntas para que respondese o autor. A vindeira semana serán os lectores da Biblioteca Rialeda de Oleiros os que aborden O heroe. Darlle voz aos lectores, sexa por medio dos clubes de lectura ou dos críticos especializados en ámbitos temáticos ou de xénero, semella que vai constituír o sinal de identidade do programa que dirixe Luís Rei. Unha estratexia moi interesante. Agardamos que o programa consolide unha audiencia digna. A proposta ben a merece.

Marcadores: ,

8 Comments:

Blogger folerpa said...

Dous libros de Xerais seguidos parece de pouco criterio na escolla polo director, tamén recentemente publicado pola mesma aditorial, por moita relevancia que teñan os autores. E que conste que non é por difamar a ningúen senón por facer un pouco de avogado do diaño que baixan as augas moi tranquilas ultimamente desque Jaureguizar anda con sentimento de culpa polo de Verín.
Que o pase ben en Balaídos.

6:23 PM  
Blogger Brétemas said...

Pois amigo Folerpa: non acertas en ningunha das dúas. Hoxe perdín o único partido da tempada (tiven presentación na Coruña). Con respecto á elección dos libros nada teño que dicir. Ou o que os dous libros elixidos non teñen interese para os lectores? O comentario sobre o director do programa paréceme moi pouco apropiado dunha persoa coma vostede. Reivindícase como trapalleiro, Folerpa? Saúdos.

11:37 PM  
Blogger folerpa said...

Non me reinvindico coma trapalleiro e entono o mea culpa sobre o comentario que non foi do máis acertado, estiven a piques de borralo pero lieime.
Onte tiven un mal día dende ben cedo tras as coaccions e ameazas dos folguistas e pagueino aquí. Pido sinceiras desculpas, como ben dis é pouco apropiado dunha persoa coma min. Agardo que non me retire o saúdo.
Unha aperta.

11:18 AM  
Blogger Brétemas said...

Como vou retirar o saúdo a unha persoa que tanto admiro? Deixémonos de lerias. Falabamos do programa. Para ser a primeira emisión non estivo mal. Agardo que mellore. Souben hoxe que tivo unha audiencia bastante boa. Iso é importante. Apretas.

11:42 AM  
Blogger folerpa said...

O de amdiración éncheme de gozo e o da boa audiencia tamén. Mágoa o do celtiña. O inapropiado comentario non o borro para o meu público escarnio ;-)
Beizóns.

12:09 PM  
Blogger bouzafria said...

A audiencia non volverá ser boa se a TVG segue a LES LUTHIERS naquelo de "Nuestro programa cultural en su horario habitual de las cuatro de la mañana."
Comparto a tristura polo celtiña, agora toca garantir a Uefa, e non vai ser doado.
Saúdos.

1:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

Entérome do programa por este blog. Non perderei o proximo. Agardo que suigan un criterio de calidade e non pesen demasiado nin as ventas nin a censura política. Poden aparacer libros non gratos ao bipartito, e sería lamentabel que esto se constiuira en criterio para excluir por molestias e referendcias colaterais non desexadas.
un saudo
Mg

1:22 PM  
Blogger Cesare said...

Vaia, alégrame saber que non fun o único que pensou que vostede estaría por nós en balaídos... en fin.
O programa non me pareceu o rítmico que vostede anunciaba, pero non estivo mal (algunha boa idea). Agardo que co tempo vaian puíndo detalles, en especial esa quenda de tiro ao plato onde se poñen tres sentados nunha mesa.
Por certo, necesitamos de vostede na miña casa.

1:48 AM  

Postar um comentário

<< Home