Asun Balzola
Onte morreu Asun Balzola. A artista bilbaína foi unha das máis importantes ilustradoras de libros infantís e xuvenís en España nos últimos trinta anos. Autora, tamén, dalgúns textos memorables, nos anos oitenta fixo unha importante contribución á incipiente edición infantil galega ilustrando títulos da primeira colección de Sálvora ou o O gato Bógar, un dos primeiros e máis emblemáticos libros da colección Merlín. A claridade da liña, a textura da cor e a profundidade dos seus personaxes caracterizaron o traballo de ilustración desta xenial artista. Beizóns para ela.
Etiquetas: Balzola, Ilustración
Marcadores: Ilustración, In memoriam, Literatura infantil e xuvenil
2 Comments:
Agur, Asun. As túas córes claras fúndense agora cun ceo de acuarela e coa miña mirada para sempre a dun neno que lembra que o tempo pasa.
Entristéceme moito a noticia da morte de Asun. Tiven a fortuna de que aceptase ilustrar un dos meus libros, As fadas verdes, que se algo ten de valioso son as súas ilustracións. Lembro agora, ao ler na entrevista que enlazas a súa referencia á "importancia do proceso preliminar", os intensos diálogos previos arredor do texto, pois Asun quería coñecer tamén a "parte oculta" do libro, as razóns e vivencias que me levaran a escribilo. Un exemplo do rigor con que enfrontaba o traballo creativo. A súa obra é magnífica, moitos dos seus libros son inesquecibles.
Postar um comentário
<< Home