Europa 2020?
O noso amigo Pedro, oportunísimo como sempre, faise eco da información aparecida en The Times, o pasado 2 de xuño, con motivo das eleccións de Moldavia, na que se especulaba sobre como se configuraría en 2020 o mapa político europeo con vinte novos estados independentes.
Chama a atención que o xornal conservador británico desbote sequera a posibilidade que Galicia sexa outra desas pequenas nacións que poidan aspirar á independencia. Será este o mapa que estuden os nosos netos?
Chama a atención que o xornal conservador británico desbote sequera a posibilidade que Galicia sexa outra desas pequenas nacións que poidan aspirar á independencia. Será este o mapa que estuden os nosos netos?
Etiquetas: Europa
Marcadores: Política
8 Comments:
Con máis ou menos acerto si. Por exemplo, Osetia do Sur pretende a súa integración na Federación Rusa. Andalucía non creo que nunca pense en conseguir un estado propio. O resto das posibilidades non son totalmente desbotábeis. Só o tempo dirá se ten razón.
este mapa deixa claras dúas cousas:
a) temos q mellorar a nosa política exterior. mellor dito, temos q botar a andar a nosa política exterior.
b) o xornalista q o fixo non ten moita idea.
Sobre a túa primeira apreciación coincido plenamente. Despois case trinta anos de goberno da dereita en Galiza, agora é o momento de facernos ver no mundo. Polo que respecta á túa segundo conclusión tamén coincido plenamente aínda que non deixo de ver que algunha das teses que propugna poden ser moi factíbeis.
de europa occidental, atreveríame a facer unha porra para dentro de 15 anos:
- factible: euscadi, cataluña, escocia e irlanda unida.
- pouco factible: gales, galiza, córsega.
- moi pouco factible: sardeña, sur tirol e andalucía. (e a bretaña, e occitania, e frisia e...)
conflicto armado: valonia e flanders pelexándose por quen se leva bruxelas. sería a xerusalén de europa. :))
[acéptanse apostas :)]
Eu son utro Pablo. Algúns dos lugares citados nin sequera teñen movementos nacionalistas.
Do caso irlandés, o que mellor coñezo, debo dicir que é bastante factible, se segue a progresión demográfica actual que convertirá aos católicos en maioría no norte.
Escocia e Gales non teñen ningunha intención de independizarse, e o nacionalismo é bastante simbólico.
É triste que os irlandeses non saiban nada de Galicia, sempre lles teño que debuxar un mapa. Ainda que todos saben de catalunya e euskadi. Seguimos sendo invisibles en Europa
Temos nin máis nin menos o que somos. 13 deputados nacionalistas (se contamos a Cuíña serían 14...) nun Parlamento sensiblemente maior. E como acabamos de ver coa baixa de Miguel Barros do PSOE, a sensibilidade "nacional" do PSOE é máis ben escasa.
É unha tarefa pendente deste goberno a de nos colocar no mundo. 70 foron dabondo.
O mércores, 17 de xuño de 2020, haberá brétemas espalladas e posibilidade de chuvia na costa cantábrica.
Postar um comentário
<< Home