11.6.06

Colleita 2006

Tempo haberá de falar devagariño do serán dos premios de onte. A colleita é moi esperanzadora, semellando que se vai producindo a agardada condensación na que levamos traballando dende hai tantos anos. O discurso de Manuel Rivas foi extraordinario. A actuación de Treixadura moi emocionante ("... eses os teus ollos") e con xoldra dabondo. O convivio moi riquiño e, mesmo, o tempo foi amainando coa chegada da noite.

Hoxe xa son moi numerosas as crónicas do serán que aparecen na prensa:
Agardo impaciente as crónicas dos numerosos blogueiros presentes no serán. Foi este o Xerais máis blogueiro da historia. Non teño dúbidas de que, afortunadamente, algo moi de fondo se está remoendo na textualidade de noso.
Etiquetas:

Marcadores: ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Sinceramente, Manuel, penso que non estás a apostar na dirección correcta.Creo que te equivocas e que estás a camiñar nunha dirección que no te leva a ningures. Dígocho porque son amigo teu e porque ti es moito máis intelixente que todo isto. Miras cara a un mercado que non existe para eses produtos. Pensa algo na literatura, que é do que ten que vivir Xerais. O fenómeno da Moure, montado con tanto esforzo e tan rapidamente desinflado, non che fixo ningún favor, pero isto de onte foi de verdadeira pena. Quíxencho dicir alí e non parabas, t an eléctrico. Dígocho agora.

8:07 PM  
Anonymous Anônimo said...

(Son outro "anónimo" diferente ao do post anterior, así que digamos que me chamo Anónimo 2)

Manolo, eu non estiven onte alí, aínda que puiden chegar a estar. E teño que dicirche que Anónimo 1 ten toda a razón. Ameixeiras é un bluf, Jaure atina cando atina e do outro nada se sabe.

Hai que apostar por calidade, por literatura que resista o paso do tempo. O resto é cavar e cavar na propia tumba. Pensa que cando varios cho dicimos por algo é, pois perde Xerais pero perdemos todos: os lectores e o país tamén.

10:35 PM  
Blogger Brétemas said...

Meu querido anónimo/a: gostaría moito que me chamases por teléfono, xa que semella que onte non puidemos falar. Interésanme as opinións de todos (autores, lectores, críticos, libreiros, bibliotecarios, editores...) que nos axudan a conformar o noso difícil vieiro. Podo asegurarche que trato de utilizar categorías literarias como os criterios primeiros da nosa edición, velaí o catálogo; categorías, ben sei, que están suxeitas a constante debate e transformación. Este é un dos temas que máis me preocupan, razón pola que sempre estou por detectar tendencias e novas liñas de orientación. Agardo a chamada dese bo/a amigo/a.

10:47 PM  
Blogger Brétemas said...

Anónimo 2: Apostar por textos significativos e duradeiros é o que nos move. Non teñas dúbidas. Os xurados non premiaron a autores, escolleron tres textos. Eu agardaría a lelos, antes de facer valoracións.

10:57 PM  
Anonymous Anônimo said...

Como desta vez vexo que hai pouca imaxinación para os heterónimos, pois eu tamén me coloco na mesma onda.
E escribo porque me abraia o do anónimo nº 1. ¿Dá logo por suposto que o dos premios é unha montaxe e os membros do xurado son dóciles instrumentos da editorial? Eu tiven a responsabilidade de estar un ano nun xurado e de presións da editorial, nada de nada. Escollemos o que nos pareceu, e arriscámonos a equivocarnos, xaora. Supoño que este ano sería igual, así que as posibles responsabilidades, ao xurado.
Tamén hai que dicir que eu debo de ser desas que entenden pouco de literatura, porque "Herba moura" gustóucheme ben.

2:05 PM  
Anonymous Anônimo said...

Veño de ler varias cousiñas sobre os premios e ano atrás ano a mesma leria. Pero si que hai cousas para dicir. Primeiro, que para saber se son ou non merecentes do premio habería que ler todos os presentados e logo valorar. Suponse que os xurados saben facer o seu traballo. Agora, sempre é o caso de que a obra premiada merece o premio? Porque non me consta dun Xerais deserto...
Por outra banda, a presenza dun membro da editorial con voz e sen voto pode influír na decisión, sen dúbida ningunha, do resto de membros do xurado. Como lin noutro blog esta mañá, alguén se podería ter decatado de que a novela de Jaure era súa, porque misturaba parte de argumentos anteriores, lugares, etc. Sei, porque me consta, que ás veces danse premios imaxinando que o autor é Fulanito de Tal. Non creo que ocorra no Xerais, digo eu, para un premio con pulo mediático que temos...
Agora, sendo moi malicioso, e que me perdoe quen se ofenda, Jaure é moito xenio de nuestro señor, a razón de premio por novela e ano.

5:29 PM  

Postar um comentário

<< Home