3.6.06

Plano Nacional de Leitura

Vía Alcameh teño noticias do Plan Nacional de Leitura que se pon en marcha en Portugal. Semella que a consideración da lectura como eixo das políticas culturais públicas, con especial atención ás bibliotecas escolares, é un feito xa incuestionable. No caso portugués algunhas das liñas estratéxicas máis salientables (coincidentes en boa medida co plan galego) son os seguintes:
  • Alargar e diversificar as acções promotoras de leitura em contexto escolar, na família e em outros contextos sociais.
  • Contribuir para criar um ambiente social favorável à leitura.
  • Assegurar formação e instrumentos de apoio.
  • Criar e manter um sistema de informação e avaliação.
Este plan portugués a cinco anos propón o desenvolvemento de programas específicos en función de públicos: Ler é un desporto (13 a 18 anos), Un livro, un amigo da palavra (mozos universitarios sen hábitos de lectura), Leitura sem fronteiras (hospitais, cárceres, centros de maiores...). Así mesmo, establece programas específicos paras as bibliotecas públicas (Ler antes de ler, Já sei ler, A conquista do leitor) familias (Leitura á par), como escolas (Está na hora dos livros, Está na Hora da leitura), nas que se propón que se lle dedique unha hora diaria.

Un plan interesante que merece ser estudado con atención en Galicia, precisamente cando está a punto de aprobarse o noso.

Marcadores: ,