4.8.06

Ler nas praias

A caravana de promoción da lectura nas praias, promovida polo Ministerio de Cultura e a Federación de Gremio de Editores de España, resultou un auténtico fiasco en Galicia. O "descoñecemento" máis absoluto da toponimia oficial dos organizadores amosa, outra volta, o fracaso radical e a inutilidade destas campañas, deseñadas e concibidas dende unha óptica centralista tan homoxénea como paternalista. Sería tan difícil que aquí se realizase na nosa lingua e coa participación dos editores galegos? Canta vergonza teriamos así evitado?

Paradoxicamente, o máis recente barómetro sobre hábitos lectores amosa que en Galicia estamos oito puntos por baixo da media de lectura española. Un índice estatístico que amosa a nosa indixencia lectora e fronte ao que ningunha autoridade (nin do goberno central nin tampouco da Xunta de Galicia) semella alarmarse. Cales son as razóns de que os cidadáns galegos padezamos esta perigosa sinistralidade cultural?

Etiquetas:

Marcadores: ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Parabéns pola súa páxina. No tema da lectura hai moito, moito que dicir, habería que empezar por mudar os hábitos de moita xente vinculada co mundo do libro, por exemplo os libreiros. No canto de pasarse a vida criticando a política lingüística, habería que traballar moito más en serio, facer cousas, por exemplo, así por comezar por algo que me parece moi vergonzoso, darlle un pouco de sentido ó Dia do Libro nesta nosa cidade. Tódolos anos quedo abraiada vendo o comportamento do sector do libro nese día, e os libreiros, digo eu deberiades facer algo ¿ou non? Moitos días, pero sobre todo cada 23 de abril sinto tanta envexa polos cataláns, Ahhh, iso de ir polas rúas atopando librerías abertas todo o día e agasallando ós cidadáns con recomendacións de lectura...en fin.
anabande.blogspot.com

11:20 PM  

Postar um comentário

<< Home