30.8.06

Preparando o Blog day

Na reportaxe sobre os blogomillo con motivo do Blog day de mañá 31 de agosto chamoume a atención a opinión do escritor Xabier Cid valorando que o "blogomillo xa non pode ir a máis" e propoñendo unha evolución cara a produción multimedia. Creo que Cid, un dos nosos profesionais pioneiros na edición electrónica, acerta de cheo. A comunidade blogueira galega de hoxe non é a de hai un ano. Hai moitos máis blogs e máis diversos, hai menos enlaces entre eles e, quizais, menos entusiasmo comunitario. Non hai dúbida de que a irrupción durante este ano do fenómeno you tube e no caso galego do chuza (referencia ineludible para todos) modificaron a escrita e a lectura no blogomillo. Como teño sinalado noutras ocasións, entendo que a clave non está no actual soporte blog (moi enriquecido dende que apareceu hai apenas cinco anos), senón nas posibilidades de comunicación e creación do que Cassany denomina literacidade (crítica) e electrónica.
A pesar das mudanzas que se albiscan no horizonte do fenómeno blog, creo que non está de máis celebrar este terceiro Blog day. Recollo de Daniel Duende a información sobre a xornada e as instrucións para participar.
O que é o BlogDay?
BlogDay foi criado na convicção de que os bloggers deverão ter um dia dedicado ao conhecimento de novos blogs, de outros países ou áreas de interesse. Nesse dia os bloggers recomendarão novos blogs aos seus visitantes e visitarão blogs recomendados por outros blogueiros participantes, para alargar seus horizontes e criar novas conexões na blogosfera.

O que acontecerá no BlogDay?
Durante o dia 31 de Agosto, bloggers de todo o mundo farão um post recomendando novos blogs a serem visitados. Blogs estes que, de preferência, representem uma cultura, ponto de vista ou atitude diferentes do seu próprio blog. Nesse dia, os leitores de blogs poderão navegar e descobrir blogs desconhecidos, celebrando a descoberta de novas pessoas e novos bloggers e criando novos links na blogosfera mundial.

Instruções para o BlogDay:
1. Liste cinco novos Blogs que você ache interessantes.
2. Notifique por email esses cinco bloggers de que serão recomendados por você no BlogDay 2006.
3. Escreva uma pequena descrição dos blogs e o link para eles.
4. Publique no BlogDay (no dia 31 de Agosto) esse post.
5. Junte a tag do BlogDay usando este link: http://technorati.com/tag/BlogDay2006 e um link para o site do BlogDay: http://www.blogday.org/
Etiquetas: Blog day

Marcadores: ,

6 Comments:

Blogger Unknown said...

non estou dacordo.

cada persoa terá o seu universo inteneteril. visitará as webs que máis lle gusten, as que máis lle interesen. desta forma cad un terá o seu grupiño de blog, webs, foros seguindo os seus intereses...

que o blogmillo perdeu interese?... pode ser que agora haxa máis blogs non interesantes... pero tamén hai máis que son moi interesantes... será cuestión de cada un escoller o seu blog-espacio.

os blogs interesantes hai un ano, siguen sendo interesantes este? non ahi ningún blog novo interesante? a diversidade e a masificación fai máis complicado seguir tódolos blogs en galego, si, pero haberá máis que poidan interesar a máis xente.

por outro lado o 3108day non me parece realmente interesante. @ blogueir@ xa pon os links que lle parecen interesantes no propio blog... ou non?

12:59 PM  
Blogger Brétemas said...

Non falo con saudades dos blogs galegos de hai un ano ou ano e medio (boh, de "Todo nada", un chisco). É só constatar o feito de que o fenómeno blog galego foi mudando a medida que se ampliou e diversificou. Aí é onde entendo eu que está algunhas das placas dese teito do que fala Cid.
Entendo que o blogday ten o interse de ampliar a nosa mirada e curiosidade un chisquiño máis aló da comunidade de blogs a que cadaquén pertence.

6:24 PM  
Blogger Unknown said...

:)

non vexo ese teito. se algo ten o 'fenómeno' dos blogs é que son completamente libres para ser como lle pete a cada blogueir@. desta maneira prodúcense tódalas posibilidades posibles. ou a que lle pete en cada momento a quen lle pareza.

cada persoa ten aquela parcela que coñece, sexa na súa cidade, no seu pobo, no seu anaquiño de internet... e fará que sexa o máis interesante posible... digo eu...

comunidade de blogs? como se pertence a unha comunidade? son os blogs que se visitan? os que te enlazan? os que ti enlazas? pode un sair ou entrar nalgunha comunidade? os do blogomillos somos comunidade? quen decide quen pertence ao blogomillo? (está claro quen pertence a blogaliza ou blogalego, pero son comunidade?)

cantas preguntas que eu non son capaz de respostar... :) por sorte!!!!

é certo que o blogday pode ser unha maneira de indicarlle aos demáis os cinco blogs que lle parecen máis interesantes, ou os últimos 5 blogs interesantes que descubriu hai pouco, ou que faga que se busquen novos universos tan só por ser o día de... eu sigo sen verlle interese... iso si, visitarei as túas cinco recomendacións... porque todo hai que dicilo, a pesares de non estar vinculado na tola do monte (simplemente filosofía blogueira), non deixo un só día de visitar brétemas.

10:16 AM  
Blogger Brétemas said...

Lua: eu tamén visito diariamente "A tola do monte"; gosto moito dela.
Non entendo a que te refires co de "simplemente filosofía blogueira". O da vinculación non está tanto nas referencias no "blogroll" senón nas lecturas e nos enlaces entre os textos dos blogs (creo que esa hipertextualidade é a que fai comunidade, o que eu chamo "tecer a rede"). Saúdos moi afectuosos e parabéns.

11:01 AM  
Blogger Unknown said...

fas que se me suban as colores... :p nunca pensei que as miñas tonterías poideran interesarche...

filosofía blogueira: pois a tola do monte comezou como un sitio onde cuspir pensamentos, non tiña ningunha outra intención. non ía por ningún vínculo a ninguén, pero cando comecei a ter comentarios, comecei a vincular a quen me 'falaba' directamente. que sexa un espacio de tolemia dame libertade para facer o que me dea a gana en cada momento... ou sexa.. a filosofía da tola do monte caracterízase por non seguir ningunha regra establecida, nin sobre o tema, nin sobre vinculacións, nin nada....

1:37 PM  
Blogger Brétemas said...

POis éche unha boa filosofía, que comparto. Seguramente iso, esa bendita liberdade, é das cousas máis fermosas de participar na lectura e escritura dos blogs.

2:57 PM  

Postar um comentário

<< Home