21.8.06

Zagat

NY é todo un bazar, onde se pode mercar case calquera cousa. O maior perigo do turista (non renego desa denominación) é transformar o seu paseo nunha interminable xornada de visitas a todo tipo de tendas. Dende as máis exclusivas da Quinta e da Madison (preto de Central Park) ás elegantísimas do Soho ou do Greenwich Village, o comercio é a primeira actividade económica da cidade. O prezo asequible para nós dalgúns produtos, sobre todo da roupa (con formidables rebaixas de ata o 70%), e a magnífica arquitectura interior dalgúns establecementos (ollo!: o aire acondicionado está tan alto que podemos pillar un arrefriado) son dous alicientes máis para anestesiarnos saíndo e entrando en porta si e porta tamén.
Unha boa guía para non perder moito tempo é seguir os indicativos ZAGAT Survey, que tamén axudan para atopar restaurantes e outros servizos de hostelería. A Time out e a Where (as dúas impresas en papel e na rede) son outras axudas bastante fiables nesta tarefa de economía da atención. Con todo, é inevitable (e recomendable) entrar a botar unha ollada por Macys e polo Apple Store (experiencia ineludible para os que somos maceiros). Ademais das tendas, en NY hai magníficos mercados populares onde mercar todo tipo de trapalladas ou tomar unha masaxe antiestres; non hai que perder o longuísimo da Avenida Madison (os domingos ao mediodía) e o de Union Square (os sábados pola mañá).
Etiquetas:


Marcadores:

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Unha das tendas máis interesantes de NY é, sen dúbida, Fairways, un supermercado fascinante, na mesma rúa Broadway cruce coa 74. Pouco coñecido e perto do famoso Zabar's, é toda unha experiencia única. Para a próxima.

7:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

Para seguir enganchado a NY o mellor é poñer de páxina de inicio a páxina web do NYtimes (www.nytimes.com), a máis completa e entretida de todas as de xornais. As páxinas de cinema, viaxes ou libros son extraordinarias. As montaxes multimedia de fotografías ou videos son excepcionais.

1:05 PM  

Postar um comentário

<< Home