Desenvolvemento sostible ou ecocidio
A catástrofe de Caldas provocou un interesante debate sobre o futuro medioambiental do país. Durante as dúas últimas décadas, ao tempo que se producía unha reconversión no noso sector agrario, sen precedentes na nosa historia, o proceso implacable de urbanización provocou un enorme impacto sobre o territorio que modificou a paisaxe galega e a nosa estrutura demográfica e produtiva. Un modelo de desenvolvemento económico (tan voraz como impaciente) e un desinterese abraiante polas cuestións medioambientais da maioría das administracións (tanto dos gobernos autonómico e central como da maioría dos concellos) e das empresas explican que durante este periodo xermolasen a maioría dos problemas e das catástrofes ecolóxicas que agora tanto nos magoan. Temos diante unha relación deste tipo de problemas, tan abrumadora, que semella vivimos en Galicia no perigoso gume dun ecocidio colectivo inevitable: a vaga anual de incendios, os verquidos contaminantes sobre os ríos, as rías e a atmosfera, a degradación de ecosistemas patrimoniais, a perda de monumentos naturais, a urbanización salvaxe da beiramar… É nese contexto problemático sobre o que se poden entender de forma máis acaída as iniciativas que ven tomando o novo goberno galego no seu primeiro ano sobre a política agroforestal, a reubicación da planta de celulosas de ENCE e das novas peixefactorías, a vixilancia e disciplina urbanística, a política enerxética (dende os canons a pagar polas empresas eléctricas á paralización do plan de minicentrais dos ríos), a protección dos espazos da rede Natura 2000, o abastastecemento de augas (un recurso, tamén en Galicia, escaso), o saneamento integral da ría de Vigo (para facer fronte as sancións das autoridades xudiciais europeas), o tratamento dos residuos urbanos e industriais…
Invertir esa aparente tendencia ecosuicida do noso país non é doado xa que hai moitos intereses, moitos millóns de euros en xogo, e moitas inercias que tratan (ou tratarán) de impedilo. Deseñar as bases dun auténtico desenvolmento sostible, que faga compatible a actividade produtiva e a modernización das infraestruturas (que precisamos para aumentar a nosa competitividade) co respecto ao patrimonio natural, debería constituír un eixo transversal das políticas do bipartito. Levar adiante esta política (unha auténtica revolución entre nós) require coraxe e determinación pola súa banda, mais tamén un pacto de corresponsabilidade coa sociedade toda (dende mudanzas nos comportamentos de cada un dos consumidores, á asunción de actuacións medioambientalmente resposables das empresas e das administracións locais). Escoller entre un modelo de desenvolvemento sostible ou continuar co actual ecocidio é o dilema no que estamos.
Invertir esa aparente tendencia ecosuicida do noso país non é doado xa que hai moitos intereses, moitos millóns de euros en xogo, e moitas inercias que tratan (ou tratarán) de impedilo. Deseñar as bases dun auténtico desenvolmento sostible, que faga compatible a actividade produtiva e a modernización das infraestruturas (que precisamos para aumentar a nosa competitividade) co respecto ao patrimonio natural, debería constituír un eixo transversal das políticas do bipartito. Levar adiante esta política (unha auténtica revolución entre nós) require coraxe e determinación pola súa banda, mais tamén un pacto de corresponsabilidade coa sociedade toda (dende mudanzas nos comportamentos de cada un dos consumidores, á asunción de actuacións medioambientalmente resposables das empresas e das administracións locais). Escoller entre un modelo de desenvolvemento sostible ou continuar co actual ecocidio é o dilema no que estamos.
Etiquetas: Galicia, Ecocidio, Sostibilidade
Marcadores: Sociedade
9 Comments:
Penso que en Galicia aínda arrastramos en moitas cousas certos complexos, ou traumas dun pasado de miserias. É por iso que o discurso de "o progreso" calla tan fondo na xente. Ante iso é moi complicado concienciar aos cidadáns de que non todas as industrias son boas, de que moitas realmente non xeran riquza no lugar no que se instalan, e que outras de feito destrúen a riqueza potencial dunha zona.
Non sei se lembras aquelas manifestacións a favor das celulosas, convocadas no ano 76 polas cámaras agrarias franquistas, ou mesmo as máis recentes a favor das piscifactorías ou de ENCE.
isto non e progreso nen e nada, e nos temos dereito a que non rematen coa nosa terra.
Carta aberta o presidente de Brenntag D. Heinrich Eickmann
Galiza ten acollido diferentes comunidades o longo da sua historia. Compartiu suas riquezas coas diferentes civilizacións que pasaron por esta terra.
Sei que, coma xestor de algo tan delicado e o mesmo tempo tan necesario para a industria occidental coma os productos químicos, será coñecedor dos problemas ecolóxicos que tivo Galicia no século XX e no que levamos de século XXI:
o réxime do dictador Francisco Franco quitou as terras o pobo para enchelas de enormes masas forestais. Este vrao unha gran cantidade destas teñen ardido , por diferentes causas.
o dictador Franco permitiu tamén a apertura de duas das centrais térmicas que máis contaminan de toda Europa: Meirama e As Pontes. Agora e a dona destas centrais, a empresa ENDESA, que será absorvida pola empresa alemana EON, Alemaña terá unha responsabilidade engadida sobre Galiza.
Na Galiza teñen habido máis mareas negras que noutro lugar do planeta Terra. A última e maior delas foi a provocada polo petroleiro Prestige.
Sei que vostede non e responsable das pasadas miserias ecolóxicas, pero ten que entender que nosa xente esta cansada e alporizada por tantas agresións contra seu medio ambiente. Vostede non e responsable do que pasou co buque petroleiro Prestige, nen co que ten pasado coas fragas, pero si que é cupabel de xestionar unha empresa que tivo un incendio que provocou un vertido de residuos tóxicos cara un rio. Son vostedes os responsabeis de escoller precisamente o emprazamento, e se non tiveron posto en marcha as suficientes medidas de seguridade, son culpables. E se tampouco previron medidas de seguridade suficientes para evitar que no caso de incendio os productos cheguen o medio ambiente, eu fagolle tamén responsable disto.
Sua páxina web fala de medio ambiente e de trazabilidade, pero a cadea de fallos indica pouco amor polo medio ambiente.
Unha sociedade que, en Galicia, viviu sempre ligada o seu cerne, seu medio natural. Din ser honestos coa sociedade, pero na sua web non aparece a nova do incendio, e do posterior vertido de residuos tóxicos. Non aparece nada, nen a nova nen tan siquera unha nota de desculpa, e ocultan a verdade os accionistas internacionais de Brenntag.
Agardo que as próximas semanas, aparte de que se fagan cargo dos costes económicos de diferes desta catástrofe ecolóxica, seña feito público un comunicado pedindo perdón o pobo galego polo que ten sucedido.
Agardo que mentres teñan aberta, tanto esta como outras factorias no estado español, as devanditas fábricas señan exemplares na sua seguridade medioambiental. Se vostede non fai isto, as empresas adicadas a producción de productos químicos industriais perden seu argumento de ser necesarias, porque o único que fan e rematar co mesmo medio ambiente que lle suministra as materias primas, e fan un dano máis grande que o ben que fagan.
O vertido tóxico no rio Umia foi un erro e Galiza precisa que lle digan exactamente iso, que e un erro, que non e normal e que vostedes piden desculpas.
Mariano Grueiro
Suscribo plenamente o seu comentario, pero non entendo por qué os mesmos nacionalistas que non queren Ence na ría de Marín (con razón) pretenden levalo a As Pontes? É que nas Pontes son menos ecoloxistas? Non teñen bastante coa central térmica máis contaminante e co proxecto de Endesa de encher o grande burato da mina a ceo aberto para crear en varios anos un lago artificial, eso sí con praia e paseo lacustre? Aproveito para recomendar unha extraordinaria páxina web de As Pontes: www.amigus.org/web/archives/cat_as_pontes.php
Supoño que ninguén negará que só despois do cambio político se pode empezar a falar de defender os intereses ambientais de Galicia. Pero eu coido que o problema vai ter dúas frontes que atacar:
Por un lado, a volatilidade da memoria colectiva. Apostaría a que si pasásemos dous ou tres meses sin un desastre ecolóxico significativo, a cuestión da sustentabilidade ambiental (e por extensión económica) de Galicia iría pasando a planos cada vez máis secundarios.
Segundo, a falta de verdadeira conciencia ou interese social. A xente das cidades (ou non tan cidades) mira para o rural dende unha lonxanía falsa, e os habitantes do rural tenden cada vez a unha vida máis urbana e o que lles sobra é, precisamente, un entorno rural cuios rendimentos son nulos. Mentres non exista unha verdadeira cultura do medio en Galicia (que certamente xa existía, pero perdeuse por progresar de espaldas á nosa identidade), os cambios serán sempre sobre o papel. Nas mans das persoas e instiucións con capacidade de acceso á opinión pública, os medios de comunicación, está a maior parte da responsabilidade; non de facer campañas, sinon de crear cultura, cultura do medio ambiente.
A partir de ahí, terá sentido falar de medidas políticas.
Estamos de acordo coa necesidade de frear esta barbarie. Pero moito me temo que non debemos centrar as nosas esperanzas nos gobernos, senon nun fondo cambio social que debe comezar polos sectores máis activos e aparentemente conscientes de Galicia. Mal imos se seguimos reproducindo na sociedade os sectarismos cativos que se producen (aquí practicamente non hai distinción) na superestructura -ou xa infraestructura?- partidaria. Hai que producir masa crítica, hai que "fabricar" unha opinión pública independente na que a transversalidade (difícil nun país tan cativo e tan gardián da leira propia) sexa a bandeira.
Mal comezamos, por exemplo, en Vigo, se non pulamos con forza para evitar que se perpetren dous planeamentos insostibles: o PXOM e o Plan do Porto. Dous planeamentos que non coñecen color de partidos pero que son monocolores nas forzas especulativas que os apoian sen fisuras. Con tan poucas fisuras que case propoñen a desobediencia civil se se aplica a lei dende a Xunta de Galicia e se obriga ao PXOM a pasar o obrigado trámite de avaliación ambiental. Nada menos que propoñen que se aplique a excepcionalidade, artigo que na directiva e a Lei está practicamente limitado a cuestión de defensa nacional.
Dende Vigo, hoxe, defender con forza a paisaxe, o monte e a ría son parte dese cambio de conciencia que necesitamos. Tes razón. Parafraseando á Rosa Luxemburg: sostenibilidade ou barbarie.
Pablo: claro que estou de acordo na importancia da responsabilidade que debe asumir a sociedade civil sobre todas as cuestións, mais o papel dos gobernos é ineludible. Velaí temos o caso do PXOM de Vigo, onde agora se pretende eludir o trámite do proceso de avaliación de impacto ambiental (co que iso supón de desprezo para unha política de sostibilidade). Eis nesas resistencias (supoño que "interesadas" en axilizar a aprobación), tamén está o ecocidio que nos magoa.
Como conseguir modificar a inercia que reproduce intereses bastardos nos que ocupan as institucións? como rachar coa tremenda sospeita de que hai un "partido único"? A miña insistencia en cambiar o punto de mira dende a política (dende esta "política") á sociedade é porque chego a pensar que só dende a negación do que ten sido a acción partidaria dende a transición (por poñer un límite) podemos avanzar. Como facelo?: só se me ocorre algo tan etéreo como dicir: dende a transversalidade e, entre todos os que podemos cultural e intelectualmente facelo, darlle un contido claro, antisectario e valente a esta.
Insisto en Vigo: alguén terá que dar conta do drama das listas electorais dos partidos de dereitas e de esquerdas en Vigo. Non deberiamos "negarnos" a que estean formadas por personaxes con nula capacidade política e descoñecida valía persoal? hai algún proxecto institucional antiecocida que poidan liderar na maior cidade de Galicia Abel Caballero, Corina Porro, Santiago Domínguez ou Manoel Soto?
Se cadra con estes espacios-blog consigamos ir creando eses outros variados espacios transversais onde construir a conciencia que evite ou aminore o desastre anunciado.
Son moi pesimista sobre a vontade da maioría das forzas políticas por asumir con todas súas consecuencias un modelo de desenvolvemento sostible. A pesar de que empregan ese termo (sintagma gastado e deturpado polo seu emprego abusivo), non asumen as súas consecuencias. No entanto non nego que no actual goberno galego vexo algún chisco de esperanza (ben é certo que aínda por unha minoría dos seus membros) por reorientar a política ambiental e territorial.
Porén, coincido ao cen por cen contigo no caso de Vigo, un terreo queimado para a esperanza. Abonda con ler os xornais de onte e hoxe e escoitar Radio Vigo para caer no maior desánimo e desolación. E o máis desacougante é que o conformismo non afecta só ao entrado institucional dos partidos; agora tamén desborda na actual directiva da Federación de Asociación de Veciños (non necesitaron nin dous minutos para aplaudir entusiasmados a iniciativa de Corina), nas chamadas "forzas sociais" (o apoio dos sindicatos ao PXOM é caso que pertence ao xénero do misterio), nos medios de comunicación de maior difusión popular... Só algúns blogs, un par de concelleiros e algún colectivo cidadáns semellan manter a dignidade. Aí estamos uns cantos.
Last but not least: a depuradora en cabo Silleiro.
Postar um comentário
<< Home