É incrible
Nin os meus peores vaticinios, de hai menos de dúas semanas, agoiraban este novo desastre. Botámonos a chorar?
Actualización (23:00 horas): o verquido semella moi perigoso. As autoridades tratan de evitar que chegue aos bancos marisqueiros de Arousa. Agardemos que funcione a coordinación interinstitucional e as medidas dos técnicos para evitar males maiores.
Aínda que haberá agardar a contar cos datos (descoñecemos a qué se dedica a empresa?, qué produtos utiliza?, desde cando funciona?) todo parece indicar que volvemos pagar a permisividade das pasadas Administracións autonómicas con este tipo de industrias. É posible que unha planta química como esta de Brenntag poida estar ubicada apenas a cen metros dun espazo medioambiental tan sensible como o do río Umia? Semella que esta non é outra catástrofe ecolóxica imprevisible ou motivada por un erro humano inevitable. Haberá tempo de pedir responsabilidades.
Actualización (04-09-2006, 21:30 horas): é moi de agradecer a actuación rápida, enérxica e determinada de Pachi Vázquez para atallar canto antes a crise. O máis sorprendente das novas de hoxe son as declaracións dos responsables da empresa que atribúen a causa do incendio á "electricidade estática" e ás "elevadas temperaturas". Se estas circunstancias non están contempladas nos protocolos de seguridade, é para botarse a tremer.
Actualización (23:00 horas): o verquido semella moi perigoso. As autoridades tratan de evitar que chegue aos bancos marisqueiros de Arousa. Agardemos que funcione a coordinación interinstitucional e as medidas dos técnicos para evitar males maiores.
Aínda que haberá agardar a contar cos datos (descoñecemos a qué se dedica a empresa?, qué produtos utiliza?, desde cando funciona?) todo parece indicar que volvemos pagar a permisividade das pasadas Administracións autonómicas con este tipo de industrias. É posible que unha planta química como esta de Brenntag poida estar ubicada apenas a cen metros dun espazo medioambiental tan sensible como o do río Umia? Semella que esta non é outra catástrofe ecolóxica imprevisible ou motivada por un erro humano inevitable. Haberá tempo de pedir responsabilidades.
Actualización (03-09-2006, 11:00 horas): mágoa que a prensa de hoxe non achegue moitos novos datos sobre a catástrofe. O que non hai dúbida é que a mancha é tóxica (formada por compoñentes derivadas do petróleo) e como veleno arrasa a biodiversidade alí por onde pasa. Non hai dúbida, tampouco, de que se podería ter evitado e que hai moitas responsabilidades por dirimir.
Actualización (04-09-2006, 07:30 horas): as máis recentes informacións de Medio Ambiente e as publicadas hoxe por diferentes medios sinalan que afortundadamente o verquido comeza a ser controlado. Non estaría de máis que decontado se elaborase un mapa das instalacións de risco, existentes no país, semellantes ás de Caldas, e un plan galego de emerxencias.Actualización (04-09-2006, 21:30 horas): é moi de agradecer a actuación rápida, enérxica e determinada de Pachi Vázquez para atallar canto antes a crise. O máis sorprendente das novas de hoxe son as declaracións dos responsables da empresa que atribúen a causa do incendio á "electricidade estática" e ás "elevadas temperaturas". Se estas circunstancias non están contempladas nos protocolos de seguridade, é para botarse a tremer.
Etiquetas: Galicia
Marcadores: Sociedade
13 Comments:
Verdadeiramente descorazonador, Manolo.
É para botarse a chorar.
ALMIRAL MOUCHEZ
É para chorar e ben.
Unha aperta.
:)
chorar? non, rotundamente non.
tiven tamén a arroutada de falar da merda esta na tola do monte... pero xa estou farta... non quero... chorar? para que? non se arranxa nada...
parece casualidade e mala sorte, pero creo que non o é... estamos recollendo o que sementamos.
como falaba un paisano hoxe na televisión: 'estas son as sete vacas fracas'. mais ben penso que se refería ás sete plagas... así que aínda quedan cousas por vir...
haberá que ir mudando a semente para ter mellor cosecha no futuro.
xa non estou triste, estou cabreada! penso que é máis útil o cabreo que a tristeza. esta é pasiva, a outra é activa.
activémonos e rematemos con este despropósito.
acción, necesitamos acción.
non entendo....
onde está www.vieiros.com?
Doutra volta volvemos ser referentes en desastres. Será posíbel reverter esta tendencia?
Bueeeenoooo... tarde pero chegou...
Isto xa non ten explicación...
Meigas fóra!!
coido que lúa ten razón, son moitos anos os que se levaba sementando de cara á galería.
a necesidade xúntase co azar.
se toda crise implica unha oportunidade hai que esixila aos nosos gobernantes, non abonda con dicir que non volva a pasar.
O peor de todo o peor, é que no nos digan a verdade. Vendo ese río de augas fosforescentes por onde circula o veleno, fume espeso,lume+ productos químicos volatizados por eiquí e acola, que non veñan coa parvada de que non pasou nada. Pasou, señores e moito. Enfronteno sen mentiras. O mal será o menos se a lo menos un sabe de que vai.
Amara Orzania
Comparto as afirmacións de Lúa. A indignación é mellor que os choros. Porque estamos recollendo os froitos de anos dunha política subordinada a outros intereses e que parece controlada por poderes aos que o país lles importa moi pouco. Desde as ameazas de Fenosa de deslocalizar o negocio se se lles esixe un imposto ata isto, pasando pola servidume de deixar encher medio país de eucaliptos a maior gloria de Ence.
Non sabemos nada desa fábrica de Caldas, non sabemos desde cando está aí, non sabemos que leis son as que permiten (se é que o permiten) que fábricas así estean á beira dun río, sen as medidas de seguridade que eviten os danos á poboación de producirse un accidente coma este.
me contaba mi abuela hace años que, para reventar la II República, los dueños de las fábricas no abrían la empresa y mandaban a los trabajadores para casa.
Hubo un paro empresarial en Venezuela con la misma intención, no hace mucho.
Incendios, contaminación,... rápidamente salen el ABC, Cope y similares a compararlo siempre con el Prestige.
La derecha siempre intenta encontrar un equivalente de sus errores en la actuación de los otros. El Yakolev y el helicóptero, el Prestige y los incendios, Irak y el Líbano... Siguen sin entender que la gente odia de la derecha no que hundiesen un barco, no que pusiesen una bomba en Atocha. Lo que produce repugnancia es su facilidad para mentir en la gestión de sus errores: son hilillos de plastilina, seguramente fue ETA el 11M, a los de Yakolev los enterraron rápido y equivocados, o decir que España iba bien, cuando fueron Endesa, Telefónica, los bancos los que se forraron y el resto yendo cada vez más apretados con el euro, con la sanidad, con la educación,...
¿Cuál es la distancia entre la memoria para que no se repita el pasado y las teorías de conspiración?
Parece que a algunos en Galicia les duele que puedan acabarse ( o suavizarse) decadas de cacicadas... ¿Tendrá todo esto algo que ver o empiezo a tener el sindrome de El Mundo, de ver donde no hay?...
Seica tiveron que chamar ó decano de Ciencias en Ourense para facer certas análises porque nos laboratorios universitarios de Santiago e de Vigo (venres tarde) non había ninguén. Parece raro, pero iso foi o que me dixeron.
La información de Anonymous es cierta, muy cierta. Véase la Región de hoy viernes 8: "Investigadores ourensanos analizan el agua del umia desde el día del vertido"..."El laboratorio legó a trabajar las 24 horas para ofrecer resultados inmediatos"... "un equipo de investigadores asumió este trabajo rechazado por otros laboratorios"
Qué cosas oiga!!!
Outra noticia sobre a catástrofe é o verquido denunciado pola CUT do que se fai eco Xermán. Por certo este blog dun brigadista forestal é moi interesante.
Postar um comentário
<< Home