Solidariedade con Fernán Vello
Aínda que entendo desafortunado o título e o antetítulo desta información, paréceme inadmisible que un concelleiro recrimine en público o lexítimo exercicio da liberdade de expresión dun editor cando presenta un dos seus libros. Cónstame que Fernán Vello expresou as súas opinións (que poden ou non ser compartidas) coa elegancia e a diplomacia que sempre caracteriza a súa actuación. Incidentes como o descrito por Galicia hoxe prodúcennos vergonza, moito máis aínda cando son protagonizados por políticos nacionalistas. Son compatibles semellantes actitudes deste candidato á alcaldía compostelana coa política de rexeneración democrática que pretende encabezar o BNG desde o Goberno Galego?
Expreso a miña solidariedade con Miguel Anxo Fernán Vello, gran editor galego.
Expreso a miña solidariedade con Miguel Anxo Fernán Vello, gran editor galego.
Actualización (08-10-2006): Néstor Rego publica hoxe unha importante aclaración sobre os termos do incidente.
Actualización (09-10-2006): Miguel Anxo Fernán Vello publica hoxe un artigo moi clarificador onde explica os termos e o contexto do incidente.
Etiquetas: FernánVello
19 Comments:
Adxunto a miña solidariedade co amigo Fernán Vello. Liberdade de expresión que reclamamos contra Fraga. Liberdade de expresión tamén agora: cun goberno democrático, progresista e galeguista (hai que saber encaixar as críticas: vai no soldo).
Off topic:
Que opina disto?
http://www.pixelydixel.com/2006/10/lulu-desembarca-en-espana.html
Pero de qué vos queixades? Non coñecedes o percal? Non sabedes como son os nosos?
Tarde piache.
En todo caso: solidariedade con Fernán Vello.
a) Por que Camilo Franco non di nin chío en La Voz de Galicia?
b) Hai autocensura, censura ou cómpre estar a ben co sorriso profidén?
c)Fálase de Nestor Rego pero que está pasando co IGAEM e coa política cultural en xeral?
Si o que fixo Rego o tivera feito, por exemplo, Pérez Varela, habería que ver ao BNG e a moitos intelectuais orgánicos. E ese é o canditato nacionalista en Santiago? Tamén é certo que ao que coñeza ao personaxe non lle pode coller por sorpresa.
Non entro a valorar que teña ou non razón nas súas críticas Fernán Vello. Pero non sería lóxico que non reventase a presentación dun espectáculo doutros autores? Non debería ter o protagonismo mediático esa obra que se vai presentar o luns? Non sería o máis lóxico que convocase a súa propia rolda de prensa para expresar o malestar da súa editorial coa Xunta ou o IGAEM? Claro que debe haber liberdade de expresión, por iso o Galiza Hoxe dedica catro parágrafos a falar da liorta e un só a falar da obra teatral que se presentaba.
Amoso a miña solidariedade con Fernán Vello e cómpre criticar os ditadores e limitadores da liberdade, veñan de onde veñan. Por outra banda, están a utilizar como medio de presión as subvención, que non esquezamos que son cartos de todos nós,pois pagamos impostos.
Néstor Rego díxolle a Fernán Vello nun aparte -ao rematar a rolda- que ese non era o momento para facelo (eu coincido, posto que lles amolou a información aos do teatro; e se quere atacar, que convoque unha rolda de prensa para o efecto). Iso foi o que realmente pasou.
E logo vén galicia-hoxe e publica un titular do máis amarelista (fano moi a miúdo): "Indignación no mundo da cultura contra o Igaem por maltratar a Espiral Maior" cando só amosan a opinión dunha persoa da cultura. Esperrechante.
a resposta en galicia-hoxe de néstor rego:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=91268
De verdade, sodes o peor. Aquí todo o mundo se suma ao carro sen saber o que realmente pasou. Porque ninguén, nin o autor do blog nin os comentaristas amosastes nin un atisbo de prudencia.
Non sodes máis que culturetas pagados co diñeiro de todos e cando deixades de recibir un peso ouveades e reclamades a pasta (e, de paso, a liberdade expresión que ninguén vos negou).
Nestor Rego non é quen de dicirlle a ninguén, cando é oportuna a súa protesta e cando non, xa que cada quen exerce o seu dereito de libre exprexión dende a conciencia e dignidade que lle acredita a súa condición de ser humano.
Este tic, este acto fallido, ponnos ao corrente do que se oculta tras da retorica da Upg e do Quntanismo no poder.
Até de agora so empregaron as súas malas artes co independentismo, mais parece que agora a mancha estendese.
Unha grave sospeita paira sobre o nacionalismo no poder?
unha grave mancha que observamos os nacionalistas de toda condición que estamos fora do poder, que sequimos marxinados polo poder. Cansos de agardar signos propicios, decatamonos de que non somos tontos, e comezamos a sopeitar que nos están tomando o pelo.
Marcialg
Marcialg estás moi pasado. Tanto como Francisco Pillado no que fai referencia á información da que parte esta falsa polémica. Non confundamos as cousas.
Por certo, Bragado, é unha pena que non rectifique ou matices os teus comentarios.
Despois das informacións recadadas ao longo da xornada é xusto recoñecer que para valorar acaidamente este incidente cómpre coñecer se se produciu en público (en presenza doutras persoas, neste caso os xornalistas) ou en privado (como unha conversa bilateral entre Fernán Vello e Rego). Non hai dúbida de que polas declaracións de hoxe de Nestor Rego (que publiquei esta mañá no blog)as versións dos participantes son contraditorias ao respecto. Xa apuntei non meu primeiro comentario que a titulación de "Galicia de hoxe" é desafortunada. Entendo que os dous protagonistas deberían solucionar de forma amigable este previsible malentendido, reafirmando -por riba das posibles discrepancias ou visións dferentes sobre aspectos concretos da actual política cultural- a defensa da libertade de expresión de todos os cidadáns, neste caso concreto dun dos editores galegos.
Fose dunha maneira ou doutra, eu expreso as miñas desculpas, se a miña primeira valoración do asunto, non foi todo o equilibrada que debera con respecto a Nestor Rego.
O que está claro é que, independentemente dos xeitos de recriminarllo a posteriori, Miguel Anxo ten dereito a dicir o que queira, e moito máis nunha presentación (non quero nen imaxinar o que acontecería se convocase unha rolda de prensa só para facer esa crítica), outra cousa é a manipulación mediática, que despois de todo ao mellor non vai vir tan mal. Ainda que se reste protagonismo á presentación de Eduardo Alonso, o que é certo e que a opinión pública está un chisquiño máis ao tanto das problemáticas que trae a edición teatral neste país. Certo que é un chisquiño ben pequeno.
Pasado, o que debería estar pasado é ese tipo de actitudes. A UPG, so conserva do pasado marxista os tics estalinistas, e está claro, que nas súas mentes mais flebes, as veces se deixa traslucir.
marcialg
En efecto, un cargo público debe saber encaixar as críticas, que para iso lles pagamos os cidadáns. O que non pode nin debe é ir pola vida recriminando -en público ou en privado- os demais e ditando o que procede ou non procede dicir. Diso nada, señor Néstor Rego, se non lle gusta, bótelle azúcar. O seu soldo permítelle mercar varios quilos.
Quen queira saber por que Camilo Franco fai ou deixa de facer as cousas que lle pregunte, xa veredes que divertido
O que está cada vez máis claro é que a cultura galega é un patio de veciños. Todos/as (non moitos/as) boureando nos mesmos lugares, sobre as mesmas cousas e coa mesma xente. O raro é que non pasen estas cousas (o ruxe ruxe dos intelectuais) a cotío (que pasan).
Tanto me ten se Néstor Rego fala en privado ou en público, en todo caso fala como Concelleiro de Cultura de Santiago, cargo público, coa responsabilidade e poder que iso lle outorga no que diga. Fernán-Vello falou como editor do libro da obra que se estaba presentar e ten todo o dereito a usar os termos que lle pareza, en todo caso só ten que render contas do que diga ante a opinión pública, non ante ningún político. Rego deixou ver o que é en verdade: un déspota que usa o seu cargo de maneira sectaria.
Postar um comentário
<< Home