Danza: un cova moi interesante
Para celebrar a presentación da Guía de viños e augardentes 2006-2007, convidáronnos a unha botella de "Danza", un espumoso de Valdeorras, que non aparece na guía (non ten D.O), das Adegas Día e Noite que rexe o noso amigo Pepe Rodríguez. "Danza" é un cova –ollo: nin un cava nin un champán– cunha burbulla aínda un pouco grosa, que dá, porén, godello e sabor inequívoco a mazá. Etiquetado en galego e cunha tipografía dificilmente lexible (no entanto cunha moi boa presentación), anúnciase como "Danza é ledicia, danza é maxia". Este cova tan interesante, aparecido no mercado para este Nadal, foi unha sorpresa moi agradable. Agardamos a nota de cata do mestre Paadín. Convido a probalo sen prexuízos, esquecéndose daquel horrible "Fin de siglo" da pasada década. Outro paso importante para os viños galegos.
Marcadores: Gastronomía, Viño
2 Comments:
Hola Manuel!
Interesame moito O Cova Danza e quería saber de que bodega é e onde o podería mercar.
Grazas per todas estas novas que nos arrivan dende Galiza.
Adegas Día e Noite. Podes buscar en google, tamén como "Adegas galegas". Saúde.
Postar um comentário
<< Home