Arquitectura popular en Galicia
As intervencións de Manuel Rivas e Pedro de Llano na presentación de onte do libro de Arquitectura popular en Galicia foron memorables.
Rivas iniciou o seu parlamento afirmando que "este é un dos libros esenciais de Galicia" para sinalar a continuación que "nas arcas da casa tradicional galega gardábanse os documentos da casa, as alfaias e as sacas coa mellor semente. Este libro de Pedro de Llano é unha sorte de documentación notarial das casas de Galicia mais tamén é unha saca de semente coa información esencial da nosa cultura. Contén o noso xenoma, mais é ideal para compartilo con calquera outras persoas do mundo. É o primeiro libro que habería que agasallar a quen quere comezar a conversar con nós".
Rivas fixo referencia despois á casa como algo universal, como o é para a humanidade crear lugares. "O primeiro fogar construído en Galicia foi circular, a primeira verba dunha socioloxía comunitaria é 'lugar'. Esta palabra ten un significado toponímico rotundo: 'vivimos no lugar de tal', este é o comezo da nosa árbore topográfica".
Rivas referiuse logo a Pedro de Llano como unha das persoas nas que está tan mesturado o que se fai, como vive e a súa ollada. "Yoyo está todo o tempo co interruptor aberto, facendo arquitectura cos ollos, vendo as fendas que deixa o capitalismo impaciente e algúns políticos deixan facer". Engadiu que "este seu libro ten a condición do caderno que rexistra o diálogo da terra co territorio. Aquí hai traballo de campo, cultura como fogar nómade dun xove arquitecto guiado polo mestre Xocas; aquí temos o home que anda levantando plantas". Rivas fixo, entón, unha digresión sobre a palabra 'levantar': "Levantar é reproducir o que os ollos ven. Os ollos de Yoyo ven máis aló da área cega. Aquí estamos falando dun arquitecto que concibe ao ser humano como un copiloto da natureza. Mais levantar é, tamén, erguer o que está caído, valorar o que non está prezado, en definitiva, levantar é descubrir a terra. O que fixo Yoyo na arquitectura, sen esaxerar, pode equipararse ao que fixo Rosalía, levantar as palabras caídas que estaban no chan".
Rivas recordou a Rafael Dieste quen estudara a vontade de estilo da fala popular. "Yoyo estudou a vontade de estilo da arquitectura popular. O estilo na fala ven dado pola precisión, xa que todo o que é útil de verdade ten, como dícía Walter Benjamin, o engado do que non precisa demostrar a súa utilidade. Esta é a razón pola que toda obra de arte é útil. O mesmo sucede coa arquitectura popular. A casa galega constrúese como un obradoiro, coma unha fogar de vida para a natureza humana e animal, un obradoiro que canta e bole. A vida non é máis cunha enorme forza creadora de formas".
Rivas, chegado a esta altura da súa intervención, abordou o carácter interpelante do libro. "Yoyo no seu andar polo país non só levantaba o debuxo do chan, tamén estaba facendo xeocrítica, a actividade dos que desvelaban fronte o ocultamento que practicaban os xeógrafos do poder. Este libro é un manifesto denuncia sobre o que se está a escribir sobre o territorio en Galicia e en moitas outras partes. Este libro é unha verdade inconveniente. Yoyo é incómodo por que di verdades incómodas, inconvenientes. Ten empeñado, mesmo o corpo, pola causa da liberdade, a de non deixarse levar pola corda do poder político. É un bo signo que este libro esencial se reedite e sexa unha referencia moral na nosa sociedade. A esperanza ou é arquitectura ou non é", concluíu.
Pola súa banda, Pedro de Llano organizou a súa intervención a partir de dúas citas de senllos grandes arquitectos. A primeira de Le Corbusier: "A arquitectura popular permite facer brillar a harmonía, descubrir o futuro nun pasado marabilloso". A segunda de Alejandro de la Sota: "A arquitectura é intelectual ou é popular, o resto é negocio". Despois de reivindicar unha arquitectura como continuidade na paisaxe e de explicar o proceso de actualización do seu traballo nas tres últimas décadas, de Llano propuxo para o século XXI unha nova arquitectura humilde, racional e vencellada ao home.

Marcadores: Arquitectura, Novidades, Xerais
11 Comments:
Como apreciamos o voso interese polo urbanismo galego,mandamolle un dos manifestos que temos .
O noso Blog Principal:http:/salvemossanxenxo.blogspot.com/
E-mail: colectivoherpi@hotmail.com
* MANIFESTO POLO TERRITORIO E O PATRIMONIO AMBIENTAL, CULTURAL E SOCIAL.SANXENXO NON SE VENDE
Hoxe en Sanxenxo estamos vivindo unha encrucillada. Dunha parte, temos o camiño que nos ofrece o clan do formigón, formada por boa parte das elites gobernantes e as grandes empresas inmobiliarias e construtoras, que pretenden converter á Sanxenxo nun solar ocupado por edificios e urbanizacións. Doutra, temos o camiño dun desenvolvemento que respecte, coide e trate con intelixencia o noso territorio, as nosas paisaxes tradicionais, os nosos valores culturais e sociais, os nosos recursos naturais, a nosa biodiversidade e a nosa calidade de vida.
Para todos os que estamos hoxe aquí lendo esta web a elección é clara: urxe un xiro de 180º no modelo de desenvolvemento que se pretende impoñer no noso territorio. Véndenos un crecemento baseado no ladrillo e que resulta canceríxeno por desmesurado. Está ao servizo do enriquecemento rápido dunha minoría e plagado de abundantes operacións corruptas e irregularidades, como se demostra co longo listado de casos que están sendo investigados nos tribunais e na Fiscalía.
Esta explosión urbanística ameaza o corazón mesmo do Estado de Dereito, do funcionamento democrático e da liberdade, porque se está realizando á marxe dos cidadáns, intentando acalar as voces críticas, anulando o debate e anulando ao máximo os mecanismos de control e participación democráticos. Que isto é moito máis que un risco hipotético, demóstrano o abuso de figuras como o Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM)que deixa cidadáns indefensos.
Con todo, pese ao desigual do balance, os cidadáns de Sanxenxo estamos dicindo alto e claro ao goberno da Xunta de Galicia, aos alcaldes e concelleiros, ás grandes empresas inmobiliarias e a todos os profetas que falan no nome do progreso, que non imos permitir que se nos roube o noso territorio, nin o noso patrimonio ambiental, nin as paisaxes nos que crecemos e que constitúen unha parte esencial de nós mesmos, nin os elementos culturais e sociais que son inseparables da nosa identidade persoal e colectiva e da nosa forma de entender e gozar unha verdadeira calidade de vida.
Desde fai xa uns meses, Salvemos Sanxenxo vimos loitando contra este monocultivo do Formigón co noso Blog: Denunciando ante a cidadanía os numerosos casos de corrupción e irregularidades.
Entre todos, estamos conseguindo que fronte ao tsunami urbanístico que abordela o concello, estea crecendo unha imparable marea de resistencia cidadá, que os profetas do ladrillo non se esperaban.
Hoxe dicimos unha vez máis que en Sanxenxo non hai sitio para os especuladores nin para un goberno Municipal que aplanan o camiño ás escavadoras, destruíndo paisaxes, espazos naturais e patrimonios culturais mantidos desde séculos.
Contrucuatro pretenden urbanizar o corazón da nosa ría ,o Cabo Festiñanzo, onde intentan construír un proxecto urbanístico mastodóntico e desfasado(mais de 200 vivendas), grazas a un goberno municipal que, en lugar de defender os intereses xerais de todos os cidadáns, dedícase a exercer de avogado e oficina de vendas das empresas promotoras e inmobiliarias.
Desde aquí lanzamos unha mensaxe o concello de Sanxenxo e o seu alcalde Telmo Martín coa a súa demagoxia, dicímoslle que os cidadáns non imos consentir o seu desprezo polo territorio, polo patrimonio ambiental, cultural e social e polos intereses xerais de todos os veciños de Sanxenxo, e a súa servidume ao club do ladrillo e do enriquecemento rápido.
Aos concelleiros, dicímoslles que imos tomar boa nota de quen está defendendo un modelo de desenvolvemento razoable e baseado na conservación intelixente dos recursos, e quen está vendendo o seu municipio e as súas xentes ao mellor postor, por un prato de lentellas.
E finalmente dicímoslles ás empresas inmobiliarias, construtoras e promotoras, que quen han de debuxar e decidir que futuro e que tipo de desenvolvemento queremos, non son elas, senón todos os cidadáns de Sanxenxo a través de procesos democráticos. Aquí non caben empresas que ameazan a cidadáns e institucións para obrigalos a dobregarse aos seus intereses, como intentaron moitas empresas . Vostedes sobran nesta terra.
Veciños e veciñas inténtanos enganar con publicidade valorada en 120000 euros pero o clamor do ecoloxismo, é xa unha marea profunda e crecente no noso concello,que logrou desbancar o demagóxico discurso de Telmo . E non van pararnos. Por iso coa axuda de todos denunciando nesta web os abusos urbanísticos ganaremos esta batalla.
A nosa paisaxe non aguanta mais
delitos urbanísticos de politicos corruptos !
http:/salvemossanxenxo.blogspot.com/
Evidentemente, o noso Pedro del Llano, non pertenece a ese gran grupo, gracias a sua honestidade, de "Hai que Evitalos". Uns cuantos coma el, son os que de verdá fan cambiar e moverse as cousas nesta terra pisada e chuleada po-los que deberían de ser os que tentaran humanizala.
Botase de menos a arquitectura sen arquitectos...agora caseque todo vai asinado por arquitectos e selado polo colexio e asi nos vai!!!
Roiqueimado: botarlle a culpa ós arquitectos de como vai a arquitectura é un argumento tan coxo como botarlle ós guionistas e/ou realizadores a culpa de como vai a televisión.
Pois sí que estamos ben. Seguimos a voltas con Le Corbusier: "A arquitectura popular permite facer brillar a harmonía, descubrir o futuro nun pasado marabilloso". Eu engadiría: "Water can flow, water can crash. Be water my friend". Queda chulo, non sí?
A frase de De la Sota tampouco ten desperdicio: "A arquitectura é intelectual ou é popular, o resto é negocio". Velaiquí o jin e o jan arquitectónico. O ben: o intelectual e o popular; o mal: o negocio. O popular, en arquitectura, xa non existe porque desde hai ben anos ninguén pode pór unha pedra sobre outra senón é arquitecto, iso por lei, non sei a quen se lle ocorrería. Iso significa que a xente "popular" (os que non estudaron a Le Corbusier)que toda a vida de deus fixeron unha arquitectura acojonante (ou eso din os arquitectos)xa non poden facela porque eses mesmos arquitectos, que admiran o que fixo a xente que non estudou a Le Corbusier, teñen a exclusiva,non só de facer arquitectura, senón tamén de admirar, comentar e loar a arquitectura que eles xa non permiten facer. Paradóxico. E é así que pola banda do ben só queda o intelectual.
Intelectual, para os arquitectos, é o que eles mesmos fan (non o que fan os outros arquitectos, que soe ser moi malo en opinión dos "colegas", senón o que eles mesmos fan). Se tí non ves que o que fan é arquitectura intelectual é porque non tes nin puta idea e, así, espidos coma o emperador, andan pola vida fachendeando. Para o resto dos mortais intelectual é o relativo ao intelecto. E o intelecto ás veces chega e ás veces non; e cando chega, chega, mais cando non... Velaiquí as casas onde vivimos e as oficinas onde traballamos; as rúas que paseamos; os "escailains" que oteamos... Que traxe tan bonito leva o emperador!
Logo queda o negocio na banda do mal, contraposto ao intelectual (lembremos que o popular xa non existe). Contraposto porque o "intelectual" non cobra. Aquí so gañan cartos os promotores e os políticos. O "intelectual" asina e cobra e o Colexio de "intelectuais" visa e cobra, mais fanno sen ánimo de lucro. Que conste.
O cemiterio de Fisterra é un bo exemplo, pero Fisterra, ese monumento á aldraxe arquitectónica, quen a fixo? e Curtis? ou Mos? Esa é a verdadeira arquitectura popular.
Abrir Vigo ó mar, sí, pero quen fixo as casas do rural ata a Madroa? Foron arquitectos, foron os propios paisanos?
Para mín ese é un debate falso, pero interesado, que sólo vale para publicar libros, facer congresos (cobrando, por suposto, do erario público), saír na prensa e sacar peito de progre, con Rivas (perdonásmocho, pero o que fai a amistade) como bandeira (seica vive ó lado de María Pita: por qué será?). A arquitectura popular é unha falacia.
En non quería personalizar, pero sí, o cemiterio de Fisterra é un dos traxes do emperador.
En canto ao da arquitectura popular "vitrubiana" non é falso en absoluto: a arquitectura popular é unha falacia. Agora ben, non estaría mal saber canto de "popular" e canto de "intelectual" ten a arquitectura de Fisterra, Mos ou Curtis. Neste sentido e con permiso de Brétemas, ao que inda lle estou agradecido por ser o berce da miña blo, recomendaría unha ollada ao libro de Plácido Lizancos "A casa contemporánea en Galicia" de A Nosa Terra. Sería moi interesante contrastar os contidos do de Pedro de Llano e o de Lizancos e despois falar sobre que é arquitectura popular.
gracias por el post, pero también por esos comentarios que han sido como montar la montaña rusa de las perspectivas distintas, pero no necesariamente divergentes.
gracias a todos
""De la Highway61 said...: Sería moi interesante contrastar os contidos do de Pedro de Llano e o de Lizancos e despois falar sobre que é arquitectura popular"".
Eu lim ambos os livros e penso que nom som em absoluto incompatíveis: Pedro de Llano defende no seu a tese de que os promotores da arquitectura popular figêrom a melhor arquitectura possível, partindo dos conhecimentos, as técnicas e os materiais com que contavam. Defende que hoje em dia nom se pode pretender fazer a mesma, porque há novos conhecimentos (aí entra a formaçom acadêmica, que valerá para algo, digo eu), novos materiais e novas técnicas, mas podem aproveitar-se muitas cousas dessas obras tradicionais.
Plácido Lizancos estuda (amossando um profundo respeito polas pessoas protagonistas da mesma) a arquitectura popular actual (essa que também há em Curtis, Fisterra, Mos) e a julga resultado de um fundo processo de aculturaçom produzido polas mudanças que troujo a Galiza a industrializaçom do séc. XX.
eu nom vejo contradiçom. A arquitectura, como a literatura, a pintura... é umha disciplina que precisa educaçom; nom nascemos sabendo apreciar a diferença entre aquela boa e aquela má. Nom é elitismo perceber mais qualidade nas obras de Otero Pombo que nas de Fadesa (ponho empressários promotores, porque se veja que nom só som responsáveis os arquitectos).
Qualquer dos dous livros cumpre a sua funçom: educar-nos às pessoas que nom somos arquitectas para saber apreciar, criticar, melhorar, o entorno que nos envolta. Pessoalmente, eu aprendim muito de ambos e, quando poida reabilitar umha casa velha que tenho, tomarei as decisons sobre a obra com outra capacidade.
Pois eu creo que non existe arquitectura popular fora das cabanas das citanias: o demáis xorde dun proceso de culturación e de coñecemento técnico que só o estudo pode proporcionar. Por iso, a chamada arquitectura popular é unha falacia, como a literatura popular ou calquera outra manifestación popular. Sen ter en conta que sempre que empregamos eses termos estamos sempre a falar de quen o fai e non de quen resultan ser os receptores. O termo popular é tan esvaradizo que é millor deixalo estar. Ou empregalo para baptizar partidos ou asambleas.
Amigo anónimo, non quixen dicir que os libros de Lizancos e de De Llano fosen incompatibles. Todo o contrario. Precisamente coido que o contraste posible entre os dous nace da súa compatibilidade, por presentar dúas caras dunha mesma moeda, e pareceume que viña a conto polo asunto de Fisterra, Mos e Curtis.
Opino que tampouco hai incompatibilidade entre a arquitectura tradicional (non necesariamente popular) e a académica, xa que entendo que esta ten que descansar necesariamente sobre aquela (coido que alguén dixo "o que non é tradición é plaxio").
Opino tamén que Lizancos amosa un fondo respecto polos promotores e arquitectos responsables das obras que presenta, o que é de agradecer, sobre todo porque sei que non é un respecto finxido.
Tamén creo que para apreciar a arte é necesario a educación, mais ás veces a liña entre a educación e "comulgar con ruedas de molino" non está moi clara.
Non pense que eu culpo só aos arquitectos da desfeita: só pretendo que non se desentendan dela e que asuman a súa parte da culpa. Moléstame fondamente que traten de botar balóns fóra como se eles non tiveran nada que ver, pero son plenamente consciente de que non son os únicos responsables.
E un consello de amigo seguindo a máxima de que a cultura é aquelo que queda cando esquecemos todo o que aprendimos: cando rehabilite a súa casa, esqueza todo o que teña lido e deixese levar polo instinto. Unha casa ten que ser útil, cómoda, confortable e bonita, agradable á vista, pero para vostede, non para De Llano nin para Lizancos.
Postar um comentário
<< Home