Unha lei de prezo fixo?
Está é a prometida lei do prezo fixo do libro (un compromiso electoral de Zapatero)? Interesantísimas reflexións de Barandiarán sobre os contidos do proxecto de lei, ás que pouco hai que engadir.
Podemos denominar de prezo fixo unha lei que establece liberalizacións para o libro de texto (incluído o universitario ?) e moitas outras excepcións que poden afectar a case a metade das vendas do sector? Os descontos libres do libro de texto como van afectar á gratuidade? Ata onde van chegar os descontos que as grandes superficies agora poderán chegar a facer? Como vai afectar esa competencia aos libreiros de cultura? U-la excepcionalidade cultural da que fala a ministra? A verdade é que aínda non entendo moito as sutilezas das posicións expresadas polos presidentes de Anele e da Confederación de Libreiros en base a unhas supostas compensacións que o Goberno realizaría ao sector profesional do libro. En que quedamos: esta nova lei do libro defende o prezo fixo ou os descontos variables?
Porén, creo que é importante o avance na definición do libro e o esforzo de dotación e renovación bibliotecaria comprometido. Agardamos que a Lei do Libro e Lectura galega, que xa ía nesa mesma dirección de profundización no papel da biblioteca, non adíe moito o seu trámite parlamentario. Sería unha mágoa que fose aprobada despois da estatal xa que a actual situación de "impasse" (xa son dous anos os que andamos nesa lideira) está sendo moi incómoda e desacougante para o sector galego da edición privada.
Actualización (04-11-2006): Hoxe apareceron numerosas opinións sobre a Lei.

Etiquetas: Lei_Libro
Marcadores: Cultura
1 Comments:
Eu penso o mesmo.
ALMIRAL MOUCHEZ
Postar um comentário
<< Home