
Hoxe comeza a
Feira do Libro e do Disco en éuscaro que, dende hai corenta e un anos, se celebra de forma ininterrumpida en
Durango. Este evento é un modelo moi interesante para o sector da industria cultural en Galicia e do que temos moito que aprender. Nesta edición desprazouse a Durango unha pequena delegación da
AGE co obxecto de tomar boa nota das súas características de cara á celebración do primeiro
Culturgal (Feira do Libro e da Industria Cultural Galega) en 2007. O
programa de actividades de Durango 2006 é moi amplo, centrándose no tema das viaxes.
Marcadores: Edición, Eventos
2 Comments:
En canto a industria editorial non ando moi posto, pero no que toca á música, á difusión cultural e á normalización lingüística aínda temos ben que aprender desta xente.
Euzkadi é un dos lugares máis prósperos de Europa, cunha calidade de vida envexable e cando remate o pesadelo do terrorismo non vai haber ninguén que se equipare. Cando un pasea por Donosti, sinte unha sana envexa do grande país que teñen, ó marxe de normalizacións lingüísticas ou políticas culturais. Unha potente industria (sen máis), uns bancos poderosos, unha disciplinada e competente man de obra (cuns salarios infinitamente maiores ca do resto do país e cun sentido cooperativo moi salientable), un turismo de primeirísima categoría e un territorio fielmente defendido de aldraxes urbanísticos (agás excepcións na ría de Bilbo ou nos enclaves industriais de Gipuzcoa).
Postar um comentário
<< Home