1.12.06

Encrucillada

Hoxe participo, xunto con Suso Iglesias, nun debate sobre o futuro da cultura e os medios de comunicación en Galicia, dentro dun ciclo organizado polo Ateneo de Pontevedra sobre prospectiva. Será unha boa oportunidade para volver reflexionar sobre a encrucillada histórica na que estamos. O miolo da miña intervención xirará arredor das seguintes cuestións:
  • Estamos nunha encrucillada histórica decisiva: Cando comezabamos a albiscar moi tímidos síntomas de normalización da industria cultural en galego, volvemos estar nunha nova encrucillada histórica decisiva: a posibilidade de que a cultura textual en lingua galega poida facer fronte ou non aos retos que nos propón a literacidade electrónica, a nova forma de entender a lectura e a escritura na sociedade da información e do coñecemento. Encrucillada que require solucionar, entre outros, tres grandes dilemas:
    Primeiro: o da nosa capacidade para superar colectivamente a actual fenda dixital que sufrimos, tanto a nivel de infraestruturas, de formación de usuarios como de presenza na sociedade da textualidade electrónica. Esta é para min unha das cuestión centrais para o futuro de todas as nosas industrias culturais. Se superamos esa fenda poderemos asumir que as posibilidades técnicas son novas posibilidades creativas e que vivimos inmersos nun novo paradigma da comunicación cultural: a da existencia dunha nova textualidade dixital que, moito máis alá do soporte que agora coñecemos e en transformación vertixinosa, vai supor a creación de novos xéneros de creación e acceso ao coñecemento, caracterizados pola súa multimodalidade e o seu plurilingüismo.
    Segundo: o da nosa vontade para desenvolver un novo modelo de comunicación lingüística, onde o galego sexa a lingua vehicular e de instalación da maior parte dunha poboación xa plurilingüe. O futuro do galego neste modelo, como primeiro eixo identitario e canle da creación cultural, e o seu futuro dentro da sociedade, van determinar en boa medida as posibilidades de desenvolvemento das industrias culturais en Galicia. Razón pola que entendo decisiva asegurar a presenza do galego como lingua vehicular da nova comunicación dixital. Todos os esforzos que fagamos, unindo o uso do galego á innovación tecnolóxica, serán escasos para gañar esta batalla decisiva.
    Terceiro: o do papel dos poderes públicos galegos con respecto ás cuestións da cultura e educación. Razón, tamén, pola que o papel que poidan xogar apoiando aos emprendedores das industrias culturais en galego, vai determinar en boa medida as posibilidades de éxito. E non me estou referindo a reivindicar, outra vez, unha cultura alicerzada nas subvencións públicas, nin moito menos (as industriais culturais han poder defender a viabilidade dos seus proxectos no mercado), senón cómo e ónde se van destinar os fondos públicos (escasos na era da fragmentación globalizada) destinados á fomentar o acceso aos produtos culturais como parte da calidade de vida da cidadanía.
    Aí temos, como auténtica espada de Damocles, o megalómano proxecto da chamada, ata agora, Cidade de Cultura, como gran condicionante que, de non ser reconducida con intelixencia e austeridade, ademais de procurar financiamento privado, pode ser un lastre, como xa estamos padecendo este ano e o vindeiro que impida saír da encrucillada. Cos orzamentos da Consellaría de Cultura de 2007 na man é moi difícil xustificar que se invistan sesenta millóns de euros nese edificio e se dediquen cantidades ben modestas duns poucos millóns de euros para toda política do libro e da lectura. Un tema moi difícil, si.

Resumindo: incorporarse ao paradigma da comunicación cultural electrónica, asegurar a presenza da lingua galega nese novo modelo de comunicación plurilingüe e deseñar políticas públicas que proporcionen posibilidades de acceso igualitario de todos os cidadáns aos bens e produtos culturais serían tres grandes retos aos que debemos enfrontarnos.

Actualización (03-12-2006): No artigo da semana amplío esta reflexión.

Etiquetas: , ,

Marcadores: , , ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moi interesante para este debate a política do alcalde de Medellín: http://www.elpais.com/articulo/cultura/cultura/espacio/buscarse/fuera/armas/elpepucul/20061130elpepicul_6/Tes
Concordo coa preocupación polo destino da Cidade da Cultura, pero tampouco debemos buscar o alibi da fraxilidade nos cartos (mal)gastados no Monte Gaiás. Haberá que facer algo máis. Os partidos tamén hai que xogalos co campo enlamado, o árbitro en contra e con dez xogadores.

4:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

Vos podedes especular toudo o que querades ca cidade de cultura, darnhe unha imaxe fixista espanholista e mesma como a se fora merchandising, mais non os decatades que o xeito no que se pode desenrolar a cultura e indo da man do termo NAZON e dende eiqui chegar ao ESTADO. CULTURA-ESTADO-NAZON, no podense separar. Cumpre pois rachar co ESTADO ESPANHOL pra VOLTAR de novo ao PULO que tinha aquela GALIZA anterior a "DOMA E CASTRACION" dos castelans, pra isto precisase da cultura, o basamento do noso ESTADO xunto a DEMOCRACIA.

A NOSA NAZON ten unha grande potencialidade pra sair adiante, ten a raza, somos traballadores e moito mais nobres cos langarans dos castelans, mentireiros e ladrons, unha raza mixturada ca moura, nos somos europeos no mouros.

Polo tanto eu non vexo mais saida que a INDEPENDENZA da ESPANHA, quero dicer CASTELA, e voltarmos a prol dos vascos e catalans nas nosas relaciones culturais e comerciais.

un saudo e obrigado polo seu boo blog.

Escome Arpado.

7:28 PM  

Postar um comentário

<< Home