
Promete o primeiro
Cultur.gal. Estivemos boa parte do día traballando nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra que eran un bulebule de xente ultimando os preparativos dos stands e da instalación das exposicións. Xa non hai dúbida que tanto polo número de expositores (énchese todo o espazo dispoñible dunha nave enorme), como polo completísimo e diverso programa de actividades paralelas para todas as idades e intereses, como pola calidade no arranxo dos espazos que este é o máis importante evento expositivo da historia da edición galega moderna. Sen dúbida que haberá moitas cousas que mellorar, mais este primeiro Cultur.gal vai supoñer un punto sen retorno para a visibilidade e autoestima do noso sector cultural. Convido a achegarse a Pontevedra (hai un magnífico programa para nenas e nenos) esta fin de semana. Penso que vai pagar a pena.
Marcadores: Cultura, Eventos
3 Comments:
Non sei se poderei ir. Temo que non. Que saia todo ben e siga informando.
Inda que me alegro do exito do Cultur.gal, teño que dicir que o pazo de congresos de Pontevedra caracterízase por ter pouquísimo espazo para exposición (e moitas salas) comparado coa maioría, polo que é moi sinxelo chealo.
O Cultur.gal celébrase na nave feiral que conta cun número moi considerable de metros. Non debemos confundilo cos espazos onde se realiza o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Postar um comentário
<< Home