Xeración E Logo!
Esta iniciativa da SXPL é fermosa. Xa era de tempo de propoñer o nacemento como a primeira etapa normalizadora. Propostas de arrolos (todo un luxo de Espido, Mercedes Peón, Uxía, Xabier Díaz) escolma de nomes e outros materiais para celebrar aniversarios e seguir o libro da vida deben contribuír a mudar as actitudes das novas nais e pais arredor da lingua inicial para os seus fillos. Tamén o papel das institucións sanitarias e dos sanitarios pode ser moi interesante para o futuro da lingua.
Etiquetas: Galego
Marcadores: Lingua
7 Comments:
E ese "pensaste" que encabeza o apartado de escolla de nomes que é? Un erro? Unha variedade dialectal? Un castelanismo? Un trasno informático? A iniciativa é fermosísima, pero estaría aínda mellor se coidasen estes pequenos detalles.
Animado polo comentario de Veloso, entro na escolma e despois de ver o "pensaste" entro ao chou no "O" de nenos e atopo "Otelo". Non teño palabras.
A iniciativa está ben..., mais o da descoordinación en política lingüística é penoso!
Véxase a campaña que en Compostela comezou hai un par de semanas:
http://www.vieiros.com/nova/58074/unha-campana-en-compostela-promovera-a-transmision-familiar-da-lingua
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=2262&lg=gal
A ver se así se entende o que significa "lingua-nai". Gran iniciativa.
Quedo atónita ao entrar na páxina e antes de ver o comentario de Veloso... Tamén abaixo pon "En galego, tes toda un sentimento por transmitir".
A iniciativa é xenial, pero deberían fixarse máis nos detalles lingüísticos se esa é a base da iniciativa. No entanto, non é máis ca unha errata (só lle falta un "s").
No tocante aos cambios de apelido dos que se fala, non estou moi de acordo... Debería un Smith chamarse Ferreiro na nosa terra e renunciar á orixe lingüística do nome de familia? Supoño que xa é algo persoal...
Saudiños
Beluka, non coñezo moitos Smiths aos que a Igrexa, o Rexistro ou a ignorancia lles cambiasen o apelido para Ferreiro. Mais si moitos Ferrero...
Eu non vexo erros, e aparte, a que estamos, a criticar por criticar, por unha vez que se ten unha boa campaña, parece mentira, veña a por obstáculos
Postar um comentário
<< Home