
A
editorial Alvarellos celebra os seus
trinta anos de traballos cun interesante
libro conmemorativo no que
Quique tivo a deferencia de incluír un meu traballo sobre a evolución da edición galega nos últimos trinta anos. Ten moita razón o editor actual cando
expresa que cando comezou o seu pai "a edición era unha tarefa artesanal e hoxe é unha industria cultural". O chimpo que demos durante este período foi de xigante, non só polo aumento do número de títulos (pasaamos de 187 a 1.800), senón e sobre todo, pola profesionalización do sector e polo aumento do número de lectores e lectoras en galegos. Con todo, para proseguir a nosa actividade os editores galegos seguimos precisando dos azos de fantasía que moveron a xente como don
Enrique Alvarellos, cando fundou unha pequena editorial para publicar libros en galego. Beizóns para o traballo de Alvarellos nestes trinta anos! Que veñan moitos libros!
Marcadores: Beizóns, Editores, Efemérides, Entrevistas
1 Comments:
Un bo traballo sen dúbida este libro conmemorativo da Editorial Alvarellos. Que a nova Alvarellos dure outros 30 anos por 3: 90, cando menos.
Postar um comentário
<< Home