Carlos López Gómez (Boimorto, A Coruña 1967) é guionista do dúo de humor gráfico
Pinto & Chinto. No ano 1993 asociouse con
David Pintor para formar este dúo que, dende entón, ten publicado as súas viñetas diarias en
El Correo Gallego,
O Correo Galego e, desde 1998, nos xornais do Grupo Voz (
La Voz de Galicia,
Diario de León,
Diario 16 e
La Voz de Baleares). Pinto & Chinto expuxeron o seu traballo na Bienal da Caricatura de Ourense, O Sapoconcho do Museo do Humor de Fene, en Verín, en Lisboa, en Oeiras; recibiron en 2007 o premio Curuxa Gráfica, que concede o Museo do Humor de Fene; e publicaron diversos libros para nenos:
Suca (Everest, 2001),
Aquilino pinta unha nube e un camaleón (Combel, 2002),
Historia de Román,
o bombeiro (Everest 2005),
O pequeno da familia fantasma (Sotelo Blanco, 2005), premio Frei Martín Sarmiento 2007. Ademais, no eido do cómic crearon o personaxe Tito Longueirón, que apareceu semanalmente nas páxinas da revista
Golfiño, historietas que foron recollidas en 2005 nun volume publicado por
Edicións BD Banda. Carlos López Gómez publicou, ademais, o poemario
Espello sen fondo (Espiral Maior 2000).
Vídeo:
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home