19.7.07

Enderezo descoñecido

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a tradución holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés de Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as vítimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. En 2002 Xerais ofreceuna en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez, pasando inicialmente case desapercibida para a crítica galega (non estaba valorada daquela a tradución de obras contemporáneas?); porén, foi converténdose nun libro de culto, agotando devagariño unha edición de 1.500 exemplares. Hai un par de meses sacamos unha segunda edición e agora Mario Regueira faise eco desta reedición. O grupo vasco Tantakka Teatroa preparou unha montaxe en esucaro e castelán sobre o relato, que foi realizada tamén en catalán por Teatre Batrina de Reus e o Teatre Borrás de Barcelona
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Books Review como “a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma”.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

5 Comments:

Blogger Colectivo GZ-Israel said...

Un pequeno gran libro. E ademais en galego. Parabéns a Xerais.

5:02 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pode ser efectivamente un libriño pequeno en páxinas, pero é un libro enorme en forza e contundencia. Un libro que lectura obrigada.

8:37 AM  
Anonymous Anônimo said...

Unha suxestion. Traducir ao galego LA NOCHE do Nobel Elie Wiesel.

9:52 PM  
Anonymous Anônimo said...

Efectivamente é un GRAN libro. Era un dos incluídos na colección dos clásicos universais de La Voz de Galicia, e foi así como o coñecín e lin.

9:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

A novela de Kressmann Taylor non pasou desapercibida para a crítica galega do ano 2002. Os "Cadernos de crítica" que naquel ano comezou a publicar Xerais, recollen tres reseñas de "Enderezo descoñecido": Salvador Rodríguez en Faro de Vigo, Hadrián Loureiro en O Correo Galego e Francisco Martínez Bouzas en El Correo Gallego, que remata unha ampla reseña coa seguinte valoración da peza de Kressmann Taylor: "Axustándose á sinxeleza estilística que demanda unha relación epistolar, e botando man da brevidade e da intensidade, Katherine Kressmann escribe unha excelente ficción de literatura testemuñal desvelándonos a face agochada e estremecedora do nacismo para que o mundo xamais o esqueza e se manteña vixiante porque as súas raiceiras agroman constantemente, mesmo entre aqueles que un día foron víctimas do seu pavoroso holocausto" Que máis se pode pedir?

12:43 AM  

Postar um comentário

<< Home