Morreu don Elixio Rodríguez

Durante toda a súa vida, este "metiche" (como agarimosamente o chamaban os membros da comunidade galega emigrada en México), nunca desistiu da súa fe galeguista e republicana. Testemuño recollido en Matádeo mañá, un volume memorialístico que constitúe unha reconstrución emocionante do seu periplo vital, ao tempo que unha das pezas primeiras da nosa literatura da memoria histórica.
Viviu, contra o seu criterio, a Guerrra Civil nos dous bandos, no sublevado en intres dramáticos, case diante dun pelotón de fusilamento en Celanova, incorporándose como piloto de combate e, posteriormente, pasando ao bando legalmente constituído. Traballou como secretario de Castelao na Solidariedade Antifeixista Galega, para logo, en 1939, coller o camiño do desterro cara México no buque Ipanema. No seu país de acollida, don Elixio desenvolveu unha actividade empresarial como propietario dunha empresa de plásticos, o que non lle impediu realizar unha actividade política e cultural galeguista moi intensa, participando en múltiples iniciativas como no programa radiofónico "A Hora de Galicia" ou no Padroado de Cultura Galega de México participando no consello de redacción da revista Vieiros (1959), xunto a Luis Soto, xermolo da vangarda política, cultural e estética dun renovado nacionalismo galego.

Información na rede do falecemento: Caderno arraiano (imaxe do seu velorio enviada polos seus familiares), Vieiros, La Voz de Galicia, GZnación, Xornal.com.
Etiquetas: Elixio_García
Marcadores: Autores, In memoriam
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home