
O vindeiro 26 de setembro celebrarase o
Día europeo das linguas organizado polo Consello de Europa. Recomendo a
visita a este sitio web onde hai materiais e iniciativas abondas para a conmemoración da xornada, que ten unha clara dimensión educativa. Fedellando nas páxinas, chama a atención que nunha xornada na que se celebra a diversidade lingüística europea a información apareza publicada só en inglés. Tampouco sei se hai espazo para todas as linguas oficiais españolas. A pesar destas carencias, os
autocolantes e o
cartel son simpáticos.
Marcadores: Efemérides, Lingua
2 Comments:
Bello gráfico
Bonito cartel, parece ser que no noso país, algúns xa se están adiantando á celebración desa data: http://www.lavozdegalicia.es/participa/2007/09/18/01031190112484902943.htm
Postar um comentário
<< Home