2.9.07

Sobre inxustificado

No artigo da semana reflexiono sobre o complemento aprobado para os funcionarios que exerceron como altos cargos e apoio o rexeitamento proposto por Encarna Otero. Entendo que o exercicio da política como servizo xeneroso e noble á cidadanía require destas actitudes de rexeneración ética.
Etiquetas: Artigos

Marcadores: , ,

4 Comments:

Blogger JH! said...

Paréceme unha reflexión moi atinada. Medidas deste tipo, só contribúen a afastar (aínda máis)a política dos cidadáns, danan o país. Mal vai o bipartito e peor vai Galicia. Un saudo e parabéns por este blog do que son lector habitual.

11:59 AM  
Anonymous Anônimo said...

Coincido plenamente co seu extraordinario artigo. Noraboa e a esperarmos que teña o seu merecido froito.

12:29 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Falando de ética nas remuneracións dos cargos públicos e dende Vigo, debemos lembrar a brutal resposta que recibíu Ventura Pérez Mariño dos seus daquela socios de goberno -o BNG de Castrillo-Toba- e dos daquela oposición de Figueroa-Corina, cando dicidíu rebaixarse un 10% o seu soldo e os dos do seu equipo de goberno. Daquela os insultos recibidos por aquel aceno rexenerador penso que non teñen antecedentes na vida política nin desta asilvestrada cidade nin do resto do País. Espero que non sexa para Encarna Otero, como o foi para VPM o inicio dun cruel proceso de acoso e derriba.
Coincido na necesidade de acenos como os de Encarna Otero e os de VPM. Un paso máis adiante no caso de Encarna, debera ser a renuncia ao cargo que xenerosamente lle concederon (sen someterse aos principios de publicidade, mérito e capacidade) os que agora apoian para si mesmos e para os seus colegas de corporación, este complemento "vitalicio". Infelizmente, como escribín nun recente comentario en Vigoblog, os partidos políticos estanse a converter en estructuras corporativistas que parasitan a administración pública en tódolos seus niveis. Neste sentido resulta do máis coherente que alimenten o seu presente e blinden o seu futuro. Mentres, os funcionarios públicos, perden, ano tras ano, poder adquisitivo e diginidade.
Totalmente de acordo co seu artigo no Faro, como tantas veces!.

12:09 AM  
Anonymous Anônimo said...

Felicito de todo corazón a Encarna Otero por tomar unha decisión que a honra. En políticos coma ela, hoxe una rareza, poderíamos depositar toda a nosa confianza. Por desgraza, o tópico mencionado por Bragado no seu excelente artigo, estáse a extender cada vez máis entre a burlada cidadanía. A sociedade civil, en masa, teríamos que nos erguer en contra de tamaña inxustiza. Nestes momentos para min, señor Bragado,todos os políticos son igual. Non teñen máis afán e idealismo que o de encher os petos. Rapiñeiros de traxe e garabata que non merecen a confianza dun pobo.

9:49 AM  

Postar um comentário

<< Home