23.1.08

Os libros de mañá (II)

Recomendo a lectura da reportaxe de Vieiros, a raíz da mesa redonda de hoxe, sobre cómo serán "os libros de mañán". Recollo un parágrafo das miñas declaracións que resumen opinións verquidas no blog:
"E mais un exemplo: dende hai dous anos a Editorial Xerais está producindo libros que non se imprimen, que se distribúen directamente en pdf, fundamentalmente dirixidos a centros educativos. Para Manuel Bragado, director de Xerais, "o futuro do libro xa está aquí". Bragado afirma que "debemos quitarnos da cabeza o concepto de que o libro é un soporte impreso; non está definido polo soporte, senón pola actividade cognitiva que suscita". Así, Bragado amósase convencido de que se vai modificar a cultura escrita, vixente nos últimos 500 anos, porque cada tempo ten unha forma de lectura e escritura propia, unha literacidade de seu."
Etiquetas:

Marcadores: , ,

1 Comments:

Blogger Nuca said...

En efecto o que define o obxeto libro ou xornal son os contidos. Estou certo que, tal e como se dixo na mesa redonda, aos libros lles agarda o mesmo destino que aos xornais. No ámbito científico hai xa anos que ninguén emprega o soporte en papel, e mesmo plantexar este debate nese ámbito veríase como unha excentricidade

11:37 PM  

Postar um comentário

<< Home