Web 2.0 no CFR de Ferrol
Marcadores: Educación, Eventos, Literacidade
Notas do traballo de edición
Marcadores: Educación, Eventos, Literacidade
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Federación de Gremios de Editores de España acaban de publicar un informe sobre a situación da lectura en España durante o pasado ano 2008. Baixo o título de La lectura en España. Informe 2008 e o subtítulo «Leer para aprender», o volume cooordinado e introducido por José Antonio Millán realiza un amplo percorrido sobre as cuestións básicas da lectura e as fronteiras actuais da edición e dos futuros do libro.Organizado en tres grandes apartados, precedido dun adral maxistral de Roger Chartier («Aprender a ler, ler para aprender»), na primeira abórdase a situación actual da lectura (con traballos sobre a ofreta editorial, a situación libreira e bibliotecaria, a lectura da prensa e o papel da lectura no sistema educativo), na segunda a voz dos lectores e na última unha varia de achegas dalgúns dos máis importantes ensaistas sobre a lectura (dende Cassany e Barandiarán ao propio Millán). Un informe onde hai moito para debullar e reflexionar. É de salientar como extraordinariamente positivo que o informe se publique baixo unha licenza Cretive Commons e se poida baixar gratuitamente en formato pdf, dende a páxina da Federación de Editores, tanto completo como por cada un dos seus capítulos. Sen dúbida, isto si que constitúe un fito na historia da edición en España.Marcadores: Informes, Lectura, Literacidade
Manuel Gago e máis eu fomos convocados hoxe polo Diario Cultural da Radio Galega para opinar sobre o libro electrónico. As entrevistas de Anxo Quintela poden escoitarse aquí.Marcadores: Entrevistas, Libro_electrónico, Literacidade, Tecnoloxías
Vía Tokland chego a esta interesante anotación de David de Ugarte sobre a morte da lectura profunda, sintagma que faría referencia referencia ao tipo de lectura que acotío facemos sobre as pantallas: rápida, zapeada, transversal... Ugarte, citando un artigo de Nicholas Carr, considera que "leemos más que nunca, pero no nos abstraemos en un texto como antes durante horas. Ahora saltamos de un lado a otro, leyendo en diagonal, extrayendo datos de aquí y de allí, sin volver nunca a una fuente ya visitada. [...] "El lado malo es que la lectura profunda es en realidad indistinguible del pensamiento profundo… y perdiendo una estaríamos perdiendo al otro. La perspectiva según el autor, es la de un tipo de pensamiento muy relacionado, muy comprehensivo… pero que no establecería relaciones íntimas entre temas dispares. En una palabra, sería menos profundo y por tanto menos innovador y creativo. Nuestra inteligencia se parece cada vez menos a lo que considerábamos inteligencia y cada vez más a la inteligencia artificial y a los sistemas expertos."Marcadores: Lectura, Literacidade
"Sexa como for, para que os editores superen os seus límites tradicionais e se convertan nas empresas editoras do mañá, cómpre unha mudanza de paso na súa forma, a súa cultura e o seu enfoque. As estratexias de publicación dixital terán que pasar de defensivas e protectoras a creativas e liberais, cunha atención especial en permitir que os lectores compartan e modifiquen o que len. Un afastamento do texto como centro exclusivo da súa actividade en dirección aos formatos multimedia ,sen dúbid,a será clave, e isto terá repercusións no tipo de dereitos que editores deberán negociar, así como nas habilidades que requirirán os seus empregados. Os editores terán que verse como configuradores e facilitadores en vez de como produtores e distribuidores, adoptando un enfoque baseado no proxecto máis que no produto e aceptando que a súa posición é meramente a dun elemento compoñente dunha circularidade entre lector, escritor e editor. Os editores deberán adoptar novos modelos de negocio, e quizais deban mesmo trasnformarse en empresas multimedia en vez de empresas editorais. Terán que comprender aos seus lectores, coñecelos e conectar con eles dun xeito moito, moito mellor, e deberán cultivar marcas que confiran maior prestixio aos autores e que impliquen uns valores que atraian aos lectores en torno a nichos identificables. En último termo, quizais deban prepararse, máis cedo ca tarde, para unha loita a morte non só cos actuais partners da cadea de distribución do libro senón tamén co competidores non tradicionais que xa están devorando a toda velocidade o espazo que ata hai pouco estaba reservado aos editores."
Marcadores: Edición, Literacidade
Marcadores: Edición, Lectura, Literacidade
Marcadores: Blogs, Internet, Literacidade, Persoal
Esta noticia de hoxe é interesante. Aproveitando a lectura dos códigos bidimensionais, os chamados bidibooks –editados pola editorial coruñesa Netbiblo– pretenden completar a lectura sobre un soporte analóxico coa dixital proporcionada por unha pantalla de teléfono móbil. Un intento de fusión entre libro impreso e móbil, unha lectura hipertextual apoiada na rede e nas súas aplicacións. Semella que esta nova tentativa recolle algunha das experiencias xaponesas de lectura sobre móbiles e o desenvolvemento da conectividade da telefonía de nova xeración. Ademais, esta é unha noticia moi significativa de como se move en Galicia a edición dixital. Con todo, e a pesar da evidente utilidade dos bidibooks para tipoloxías de edición específicas (como o das guías de viaxe), o sistema de lectura paréceme un chisco rebuscado. Porén, estoutra noticia, referida á aposta dalgúns grandes grupos de edición polo kindle paréceme máis significativa (polo que ten de tendencia).Marcadores: Literacidade, Tecnoloxías


Marcadores: Edición, Lectura, Literacidade, Vídeos
Marcadores: Edición, Literacidade, Vídeos
Esta tarde estaremos en Ourense participando na mesa redonda sobre "Escritores e blogosfera" que se celebrará dentro da xornada "2.0 A nova ágora galega". Co vagar do que dispoñamos intentaremos respostar ás preguntas que xa nos formularon dende o blog do evento (unha boa práctica que deberiamos implementar no futuro en convocatorias semellantes). A miña primeira intervención xirará arredor do concepto de literacidade que veño manexando dende hai tempo e o novo concepto de lectura. Ademais, intentarei abordar as dúas cuestións que, ata agora, nos formulan dende a rede: o papel das editoras galegas fronte á revolución dixital e sobre as licenzas Creative Commons.Marcadores: Eventos, Literacidade
Marcadores: Lectura, Literacidade
Marcadores: Internet, Literacidade, Vídeos
Hai meses en Trafegando ronseis (para min hoxe un dos mellores blogs en galego) dábse conta do fenómeno dos keitai shousetsu, novelas por entregas que os mozos e mozas xaponeses (de quince a vinte anos) baixan e len no móbil. Dicíanos que se trataban "en xeral, de historias cotiáns escritas con frases moi curtas nas que destaca unha linguaxe elemental e diálogos contundentes, influídos polos dos "manga". Contan historias de alto contido romántico aliñadas con prebe de melodrama. E todo isto con personaxes moi planos e situacións bosquexadas sumariamente". A anotación de ronseis remataba salientando que estas noveliñas cando eran, despois, editadas en papel acadaban vendas enormes.Marcadores: Lectura, Literacidade, Tecnoloxías
A reportaxe de Babelia e outros textos sobre o big bang dixital provocado sobre o mundo do libro non achega grandes novidades. O texto que máis me interesou foi o de Edmundo Paz Soldán sobre "El 'blog" y la literatura del siglo XXI", no que se aposta pola consideración dun determinado tipo de blog como un novo "xénero literario". Coincido con Paz Soldán en que "El blog debe abrirse al diálogo con las múltiples posibilidades interactivas de la red, hacer navegar al lector: un post debe contener muchos enlaces que nos lleven de aquí para allá (artículos, noticias, foros, blogs, vídeos). También permite que los lectores comenten los posts. Algunos blogueros lo impiden, lo cual va contra la naturaleza misma del blog: la posibilidad de interactuar de forma inmediata y sin filtros con los lectores, de hacer que los comentarios conviertan al post en un foro de discusión". Efectivamente, o formato blog pode ir máis aló de ser un soporte de publicación electrónica (algo xa interesante), xa que pode aproveitar as posibilidades da textualidade electrónica. Eis un camiño a seguir explorando.Marcadores: Literacidade, Tecnoloxías
Manuel Gago publica hoxe unha anotación importante, a raíz do debate sobre "Os libros de mañá", ao que tantas referencias fixemos no blog. A posición de Gago resúmese no derradeiro parágrafo da anotación:"A cuestión é en que medida é relevante agardar por algo que non sabemos cando nin como chegará. Eu teño a sospeita de que o problema está no prisma e no enfoque. A Internet actual é un fervedoiro de narrativas de popularidade crecente. Realidade, ficción, unha mestura das dúas; a rede é un magnífico campo de experimentación para a narración -por parte dos escritores- e para a comercialización -por parte dos editores. Eu creo que o gran futuro das editoras está no seu papel intermedio entre contadores de historias e o público, no desenvolvemento de novas liñas de negocio vinculadas á ficción dixital, alimentada día a día, con modelos publicitarios e de xestión moi dinámica, composta por blogs, redes sociais, webs adhoc, videoconferencias, cómics interactivos, implicando ao autor na responsabilidade sobre o mantemento diario do negocio, avaliando os seus resultados con rapidez, ofrecendo ao lector o mesmo que lle ofrece un libro papel, descanso, lecer, motivación, emoción diaria, en pequenas pílulas. Por suposto, sei que son un deses numerosos pesados que se dedican a arreglarlle o mundo aos editores sen ter unha nómica que viva de vender libros, pero agora dígoo como lector e consumidor ávido de ficcións: a min gustaríame unha historia dese tipo. Ben feita. Editada. Electrónica. Que poida seguir en calquer lugar e desde múltiples puntos de vista. Cos seus personaxes, os seus tempos. Levable no móbil, imprimíbel, buscábel."Pouco que obxectar a unha posición que como lector comparto, o mesmo que a da inevitable chegada dun dispositivo electrónico portable de lectura, que ha substituír, máis ou menos cedo ao papel impreso. O reto que temos por diante os editores é crear unha nova cadea de valor para esta nova tipoloxía de edición, algo que nestes momentos aínda está por consolidarse. O futuro a medio prazo da edición está na excelencia do contido e non, como até agora, na fabricación de unidades impresas e a súa distribución ao detalle. Agradécese unha achega esperanzadora como a de Gago.
Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
É moi interesante esta anotación de Calidonia sobre as razóns que o levaron a mercar un Sony Reader que pode axudarnos a valorar as posibilidades deste dispositivo de lectura electrónica. Seguiremos as súas anotacións de usuario que semellan, polo comentario que nos deixa nunha das nosas, moi favorables e demostran que esta cuestión está "máis aberta que nunca":"Adianto que para min o único inconveniente é o prezo, o cal non é un inconveniente a ter en conta, se atendemos á evolución da tecnoloxía e do mercado.Agradecemos a Calidonia tan interesante anotación. Quizais probemos con este dispositivo.
O fetichismo ou o atractivo da presentación é unha cuestión que máis que un obstáculo á difusión destes trebellos é un criterio de segmentación do mercado de lectores. Quen lle confira a iso importancia é evidente que seguirán apostando por encher as estantes de papel. Quen non se importe con iso e coide que a obra, o contido, enche as súas expectativas de lectura, non terá, na miña opinión, ningún problema: nin de lectura (resolución superior á das edicións de peto), nin de portabilidade (2GB de libros nun moleskine!), nin de batería (centos de horas de lectura!).
Antes ao contrario, os dispositivos de lectura presentan vantaxes sen igual que entroncan co mundo dixital. Imaxinan os textos da Galipedia automaticamente convertidos a un libro que se pode consultar (e navegar!) neste dispositivo. É só un exemplo.
Por iso coido que non é só que o asunto no nestea pechado, senón que está máis aberto que nunca. E parece que si, que 2008 é xa o seu ano de despegue."
Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
Esta explicación de Joaquín Rodríguez amosa moi claramente cáles son as razóns polas que ata agora veñen fracasando os e-books, os dispositivas de lectura electrónicos. Como ben sinala Martín Gómez (na anotación que enlzao, magnífica e oportunísima coma sempre) os dispositivos fracasaron por que non acertaron nin coa portabilidade (os libros impresos son máis versátiles aínda neste aspecto), nin coa comodidade para a lectura (a a interface das pantallas non superou á páxina de negro sobre branco do papel), nin coa usabilidade nin cun prezo suficientemente atractivo. Se a isto engadimos, que unhas tecnoloxías non teñen porque substituír ás anteriores e que o acceso aos contidos electrónicos continúa limitado, podemos agardar a existencia e a viabilidade dos libros analóxicos durantes uns cantos anos. Isto non quere dicir, porén, que este sexa un tema pechado.Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
Xavier Alcalá é dos primeiros autores galegos que propón unha reflexión pública sobre a utilidade dos libros sen papel. Alcalá, como tecnólogo que é expresa a súa posición, con prudencia, mais sen deixar lugar a moitas dúbidas:"O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar moreas de textos que se len comodamente pasando páxina ao premer un botón. Polo momento estes libros «electrónicos» non son baratos, pero a curva de aprendizaxe vainos converter nunha vulgaridade coma a dos teléfonos móbiles."
Marcadores: Libro, Literacidade, Tecnoloxías
"No estoy seguro de que sea una buena idea depositar la mayor parte de las energías editoriales en ediciones de bolsillo. Al menos no en aquellas que, más allá del saludable abaratamiento del precio, le ofrecen al lector un objeto mal encuadernado, incómodamente impreso y no demasiado legible. Si se tratase sólo de ahorro de materiales y bajada de costes, entonces el libro digital llevaría las de ganar. Por supuesto, que los libros tengan un precio razonable y accesible para el comprador medio es algo sin duda positivo. Pero el atractivo de un libro impreso está también en la experiencia material de su disfrute y posesión. Por eso, aunque parezca contradictorio, simplificar la edición impresa hasta obtener un objeto tan barato como rudimentario, podría llegar a ser contraproducente: la función específica (estética, simbólica, sensorial) del objeto libro quedaría en entredicho. Si yo fuera editor, apostaría por subrayar el carácter de belleza física, de pequeña obra de arte, de objeto palpable, asible y deseante que tiene todo buen libro impreso. Además de seres digitalizados, seguimos siendo seres con dedos."
Marcadores: Libro, Literacidade