4.1.08

Sala para o libro no Museo do Pobo Galego

Onte foi inaugurada a nova sala no Museo do Pobo Galego denominada "Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e a prensa" e subvencionada polo Xacobeo. A sala presenta os oficios de impresores e encadernadores e recolle o máis representativo da cultura letrada na historia de Galicia até o presente. A inauguración desta sala constitúe un feito significativo xa que carecemos en Galicia dun museo sobre a imprenta e o libro, unha institución necesaria para recoller toda a nosa memoria literaria e textual. Quizais esta sala do Museo do Pobo Galego, que xa temos ganas de visitala, poida ser o xermolo do Museo do Libro Galego que entendemos formará parte do proxecto da Biblioteca e Hemeroteca Nacionais da CdC.

Marcadores: ,

1 Comments:

Blogger folerpa said...

Vostede sabe que é un asunto que me interesa moito. Algo que debería existir hai tempo,onde se recollese a historia da nosa imprenta e dos nosos libros, daqueles impresores que chegaron a Galicia no século XV levando sobre as súas costas os prelos de tipos móbiles ata hoxe.
Proucurarei visitala axiña.

12:02 PM  

Postar um comentário

<< Home