Os libreiros lanzan un SOS
Esta noticia de Galicia hoxe non me pasou desapercibida. A valente denuncia realizada pola Federación de Libreiros de Galicia demostra que, ademais de implementar novas políticas de fomento do libro e da lectura (como é o caso deste convenio asinado pola Consellaría de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura para a dotación das bibliotecas galegas por medio de compras nas librarías, unha medida tan acertada como necesaria), cómpre tamén xestionalas coa mellor eficiencia. As economías das pequenas librarías galegas teñen marxe de manobra moi reducida, razón pola que se comprende este SOS que os libreiros emitiron onte, onde detectamos un aceno da agre melancolía da derrota.
Marcadores: Librarías
2 Comments:
Pois para quen seguiu o ritmo de librarías caídas dos últimos anos non é nada sorprendente, a min mesmo me estraña que ese SOS tardase tanto.
Pois comentarios de blog hai no sentido de que a grande superficie comercial supón gozosa alternativa (de presente e futuro) para o achegamento ao libro; e, paralelamente, aserto de que a pequena libraría non merece un peso de apoio público.
Tales estimacións, desde logo, non cadran co meu sentido do que é o acceso ao libro, e moi en particular ao libro galego; e a función cultural da libraría, particularmente en vilas medianas e pequenas. Así é que parabéns e alento para iniciativas institucionais coma as indicadas.
Postar um comentário
<< Home