Desque visitei Paraty en 2004 sempre pensei que a literatura galega ten que buscar un xeito de participar na FLIP. Repasando o programa de actividades deste ano, as referencias na prensa brasileira, a relación de escritores homenaxeados e de autores e autorasparticipantes das diversas edicións conviría que fixeramos un esforzo por abrir alí unha fenda de visibilidade. Ben sabemos que as feiras internacionais do libro non son o único espazo de proxección internacional. A FLIP é un festival literario, onde autores e lectores poden atoparse ocupando toda unha fermosísima cidade empedrada de carácter colonial. O esforzo e a intelixencia de acudir á FLIP de Paraty (os organizadores son xente ben xeitosa), sei que pagaría a pena neste proceso de saída da literatura galega cara fóra. Ademais, o de Paraty é un modelo de promoción literaria que ben podería ser emulado en Galicia. Imaxinamos o que podería ser o Festival Literario Internacional de Compostela?
D. Manuel, moi bos videos do Brasil (futura potenza mundial) e muy "exotico" festival, asi da gusto en esa terra con esas xentes.Imaxinar algo parecido aki......non sei, temos outro caracter.Un saudo
Pois se xa houbo queixas cos mojitos cubanos, ou por ir a Brest a promocionar a cultura marítima (coidado coa sidra e as galettes) xa me vexo os protestos polas facturas de caipirinha da Consellaria de Cultura... Como for seria moi bon ir explorar o máis grande mercado da língua galaico-portuguesa.
3 Comments:
D. Manuel, moi bos videos do Brasil (futura potenza mundial) e muy "exotico" festival, asi da gusto en esa terra con esas xentes.Imaxinar algo parecido aki......non sei, temos outro caracter.Un saudo
Pois igual non era mala idea o do festival literario, canteira temos abondo para representarnos.
Pois se xa houbo queixas cos mojitos cubanos, ou por ir a Brest a promocionar a cultura marítima (coidado coa sidra e as galettes) xa me vexo os protestos polas facturas de caipirinha da Consellaria de Cultura... Como for seria moi bon ir explorar o máis grande mercado da língua galaico-portuguesa.
Postar um comentário
<< Home