5.10.08

Publicar non é editar

Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos.
PUBLICAR NON É EDITAR
La diferencia entre publicar y editar ya era percibida en la antigüedad cuando se encargaba a estudiosos la revisión (edición) de papiros que el proceso de copiado (publicación) había contaminado con erratas. En cualquier caso, ya desde el siglo XX, la calidad de un texto se establece según el interés que alguien, distinto al autor y sus amigos, demuestra por la obra. Este alguien es un editor que llega para sustituir al librero-impresor de otros tiempos, erigiéndose como lector profesional que con cierto criterio reconoce la calidad de un texto. El prestigio del editor (el valor de su marca) se construye, entonces, sobre un pilar, su buen juicio. Esto lo lleva a comprometerse a publicar el texto de un autor si considera que éste es lo suficientemente bueno como para que el público esté dispuesto a pagar por leerlo. Pero su compromiso con la calidad del texto va más allá, el editor siente la obligación de involucrarse en la creación o mejora de éste. La edición involucra lecturas y relecturas del texto, discusiones con el autor, observaciones y sugerencias, correcciones, numerosas actividades que contribuyen a que el texto alcance su mejor nivel. Al final, de haber sido atinado su juicio y óptimo el trabajo de edición, el editor obtiene como recompensa el aumento de su prestigio y la recuperación del dinero invertido con cierta ganancia. El prestigio del editor con el tiempo se convierte en una garantía para los lectores quienes pueden estar seguros que un libro editado y publicado por este profesional es un producto que satisfará sus necesidades. En el caso de las empresas que se dedican a la publicación electrónica, que no editan los textos que publican, éstas basan su oferta y el valor de su marca en la percepción que tienen los autores y lectores de la labor de un editor. El problema está en que estas empresas obvian la parte fundamental de esta labor: la lectura crítica del texto. Tras lo ocurrido con BookSurge las demás empresas tendrán que cambiar su estrategia de comunicación y los autores tendrán que reconsiderar la importancia de la edición.

Marcadores:

9 Comments:

Anonymous O Cabaleiro da Triste Figura said...

Por iso se chama "edición electrónica". Para distinguila da edición en papel. Do mesmo xeito que hai edicións venais e non venais, etc. Que tal se lle presentan ao Xerais unha novela publicada previamente nun blog. Atento porque hai unhas poucas circulando por aí.

12:00 PM  
Blogger ARUME DOS PIÑEIROS said...

Dentro da filoloxía os estudios de ecdótica ou de edicións chamadas críticas non son nin moito menos tan exactos na limitación de funcións. O editor moderno non sempre cumple con esas condicións que plantea o autor en relación a un editor ideal. Se estamos a falar desde unha perspectiva profisional parecen interesantes estas cuestións, pero desde un punto de vista literario, filolóxico, o status do editor é por definición moito máis movedizo e, por suposto, suxeito á discusión permanente.
E iso que falamos desde o século XIX, que xa é moito dicir: se vamos para atrás a figura do editor é absolutamente confusa. Indescifrable.

Nota: o texto plantea, de forma implícita, a importancia capital do editor no mundo actual, ata o punto de suplantar en non poucos casos a figura do autor, un mero empregado ou subordinado da editorial.

12:48 PM  
Anonymous lándoas said...

No que na anotación de Brétemas hai de chamada de atención sobre as funcións insubstituíbeis do editor profesional, todo o meu apoio e acordo.
Sobre o carácter supostamente bizantino do debate último, completo desacordo. O bizantinismo enrédase en si mesmo sen procurar solución nin pacto. Penso que no debate arredor do Garcés, que segue vivo alén de quen leve galardón e cartos, hai un ánimo colectivo de colaboración para o esclarecemento das regras do xogo.
Por último, unha pregunta. Publicar non é editar. Por suposto. Pero, un texto (in)édito é ou non é un texto (im)publicado?

1:15 PM  
Anonymous casas said...

A pregunta non é tanto a formulada polo colega Lándoas como esta outra: un texto publicado é ou non é un texto inédito?
Con todo, ese non foi o único asunto que había que dirimir con respecto ao Garcés, como o blogomillo deixou ver.

1:46 PM  
Blogger Brétemas said...

Co «bizantinismo» non pretendía facer referencia ningunha á polémica sobre a concesión do Garcés. A intención da publicación da anotación foi, como sinala lándoas, facer unha chamada de atención sobre os labores do editor dos textos (no amplo concepto de «editor» que sinala tamén Arumes), na miña opinión, minusvalorada.
Sobre a segunda cuestión convén facer unha precisión. A anotación de Leroy Gutiérrez entendo que fai referencia a que existen textos impresos publicados por editores (polo tanto, distribuídos e comercializados) que carecen dos criterios de edición indispensables. A anotación é unha chamada á responsabilidade dos editores no noso traballo.
Para min, a polémica da adxudicación do Garcés, fai referencia a dúas cuestións: qué podemos entender hoxe por un texto édito ou inédito? cumpríronse ou non as bases de adxudicación do premio no que atinxe á presentación dos orixinais? Dúas cuestións que obrigan a repensar a redacción futura das bases da maioría dos premios literarios que se convoquen no futuro no país.

7:19 PM  
Anonymous O Cabaleiro da Triste Firuga said...

O título (Publicar non é editar) induce, en calquera caso, a un malentendido. Por suposto que todo o que se publica foi editado previamente. Mal ou ben, mellor ou peor, pero editado. Os blogs contan con ferramentas que "facilitan a edición". Busco a combinación "editar un blog" no Google e sáenme 4.780.000 resultados. Mesmo hai páxinas nas que se ofrece como crear "editar" e manter un blog.

10:27 PM  
Anonymous Sen comentarios said...

http://www.entrebuhistas.com/2006/10/29/eduardo-estevez/


- Cuéntanos un poco las expectativas que tienes para este proyecto. ¿Lo presentarás en algún lugar? ¿Tienes algún recital en público programado?
- No tengo pensado presentar este proyecto a ningún premio. Soy bastante escrupuloso con las reglas de juego y no me parece ético presentar a un premio un libro que se puede consultar en la web asociado a mi nombre. El libro está en internet y su sitio es ese. Me parece un modo perfectamente válido de difundir un trabajo. Que es bonito tener entre manos el libro físico? Sí, lo reconozco. Pero el objetivo es que llegue a los lectores y para eso internet es mejor vía, incluso, que el libro impreso. Algunos poemas ya los he leído en distintos recitales. Es una prueba interesante para comprobar el ritmo. Y la demostración empírica de que debería leer más en alto a la hora de corregir los poemas… Y volviendo al tema de la edición en papel, a pesar de todo no me cierro a la posibilidad de publicarlo en papel. Si hay por ahí algún editor interesado.

11:16 PM  
Anonymous O Cabaleiro da Triste Figura said...

Moi obrigado, Doutor Sen Comentarios: creo que, finalmente, fica todo dito.
Alguén quere engadir algo?

2:41 PM  
Anonymous sen comentarios said...

Xa ninguén é quen de engadir nada: silenzo elocuente. Pero non estaría mal que algúns comezasen a pedir desculpas...

10:43 AM  

Postar um comentário

<< Home