21.11.08

Cultur.gal 2008

Xa está todo preparado para Cultur.gal 2008, a feira das industrias culturais de Galicia. A participación de empresas, colectivos e entidades é importantísima, supoñendo un claro paso adiante sobre a primeira edición, celebrada en Pontevedra o pasado ano. A nosa achega ao programa serán catro presentacións de novidades do trinque: A corpo aberto de Manuel Rivas, Novas minimaladas de Pinto&Chinto, O Globo de Shakespeare de Jaureguizar e O natural é político de Teresa Moure. Ademais, no noso espazo teremos asinaturas de autores e autoras e algunha sorpresiña (que, aínda, non é o momento de desvelar). Non está de máis reservar unha tarde ou unha mañá da ponte de decembro para viaxar a Coruña e coñecr a experiencia cultur.gal. A verdade é que promete.

Marcadores:

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Vista a relacion de participantes e como o caixon do sastre, cabe de todo.A meu parecer deberian estar so os libreiros e editoriais, o demais e recheo, e algun oportunista k outro k se cola po lo medio.
A.Coruñes

5:50 PM  

Postar um comentário

<< Home