5.11.08

Homenaxe a Marcos Valcárcel

Unha comisión organizadora, radicada en Ourense, está a preparar unha merecidísima cea homenaxe ao noso amigo Marcos Valcárcel, que se celebrará o sábado 29 de novembro, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel de Ourense. Con anterioridade, o mesmo día, ás 19:00 horas realizarase nas instalacións do Liceo de Ourense, a presentación do seu libro Historia de Ourense. As persoas interesadas en asistir á cea homenaxe non dubidedes en escribir a este correo electrónico: homenaxeamarcos@gmail.com

Marcadores: ,

2 Comments:

Anonymous comisión organizadora said...

Amigo Manolo:

Quizais sexa máis cómodo que remitas ao correo homenaxeamarcos@gmail.com, para centralizar alí todos os avisos.

Moitas grazas por todo.

11:18 PM  
Anonymous Anônimo said...

Faremos todo o posíbel para estar presentes. Marcos meréceo todo.

5:39 PM  

Postar um comentário

<< Home