Gaza, abrir camiños para a paz
Mentres as bombas continúan caendo sobre Gaza, probablemente antes de que remate o ano, a infantaría xudía ocupará este territorio de 365 km2, pouco máis de tres veces o da cidade de Vigo, no que tras un duro bloqueo, imposto polo estado de Israel dende hai dezasete meses, malviven millón e medio de persoas con escasos alimentos, medicinas e combustible. Corenta e un anos despois daquela «Guerra dos seis días», na que os israelitas ocuparon por vez primeira Gaza, Cisxordania e os Altos do Golam, o conflito xudeu-palestino volve ao seu punto de inicio. As escasas posibilidades de resucitar o proceso de paz, iniciado en Annapolis o pasado ano, esvaéronse estes días como a area do deserto entre os dedos.
Antes dos brutais bombardeos desta pasada fin de semana, a estratexia do goberno israelita diante da vitoria de Hamás en 2006, baseárase na chamada «desconexión de Gaza», un bloqueo militar dos seis puntos fronteirizos existentes na Faixa de Gaza con Israel e Exipto, que impedía tanto o movemento de mercadorías básicas como o de persoas. Xustificado como resposta aos ataques palestinos con foguetes 'qassam' sobre a cidade israelita de Sderot, este bloqueo por terra, mar e aire –destinado, tamén, a afondar no conflito civil palestino entre Hamás (o partido islamista, claro gañador das últimas eleccións) e Al Fatah (o partido laico, que ostenta de forma moi precaria a presidencia da Autoridade Palestina, co apoio estadounidense e da Unión Europea)– provocou unha auténtica emerxencia humanitaria na Faixa, diante do silencio dunha comunidade internacional que, coa excepción do traballo dalgunhas organizacións de cooperación e dereitos humanos, permaneceu totalmente allea a este inxusto castigo colectivo que o estado de Israel infrinxe sobre toda unha poboación civil.
Desgraciadamente, a tregua de apenas seis meses asinada, coa mediación exipcia, por Hamás e Israel, non serviu nin para aliviar este cerco nin para diminuír o nivel de pobreza e desemprego da poboación civil de Gaza. A ninguén pode sorprender que unha vez finalizado o prazo acordado (nin sequera houbo intencións moi convincentes para renovala), volvesen os lanzamentos desesperados de foguetes artesanais por parte das milicias palestinas e que, outra vez, a política da «lexítima defensa» lles servise ás autoridades xudías –xa en aberta competencia preelectoral entre as dúas forzas da súa extrema dereita (Likud e Kalima)– como magnífica escusa para lanzar un ataque feroz e absolutamente desproporcionado sobre os responsables de Hamás e o seus enclaves máis emblemáticos. No entanto, non esquezamos que informacións dispoñibles de Nacións Unidas, a pesar do escandaloso peche informativo ditado por Israel que impide a entrada aos xornalistas occidentais, falan de medio cento de vítimas civís, entre elas algúns nenos e nenas.
Aínda que pareza terrible, a actual situación favorece tanto os intereses de Hamás como os do actual goberno da estrema dereita xudía. Con este masacre sobre Gaza, consolídase o liderado de Hamás sobre o conxunto do pobo palestino e a súa estratexia de resistencia (mesmo de lanzamento dunha terceira intifada) fronte á demostrada ineficacia da estratexia negociadora da Autoridade Nacional Palestina. Outrosí, sucede co actual goberno xudeu que coa súa posición de firmeza consegue vender á Comunidade Internacional (se por isto entendemos aos EE.UU. e aos gobernos máis influíntes da Unión Europea) que estas operacións militares son a súa lexítima contribución á guerra contra o terrorismo internacional (do que Hamás formaría parte), ao tempo que disuadiría a Barack Obama sobre as dificultades que para el supoñería mudar este esquema de interpretación sobre o denominado «conflito de Oriente Medio».
Só será posible abrir os camiños para a paz, cando a Comunidade Internacional teña vontade de romper este esquema tan coidadosamente deseñado polos diversos gobernos israelitas e impoñer unha nova lóxica baseada nos principios da legalidade internacional. Os camiños da paz abriranse só cando os responsables do goberno de Israel acepten que para manter a súa seguridade deberán entregar territorios e recoñecer ao estado palestino soberano e aos representantes dos que este lexitimamente se dote. Hoxe, cos tanques ás portas de Gaza, semella unha utopía.
(Xornal de Galicia, edición electrónica)

Marcadores: Artigos_Xornal.com, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina
6 Comments:
Podo discrepar e discrepo do que nesta entrada dis, mais recoñezo que agora si achegas unha análise. Coa que discrepo mais é unha análise. Porque tes que recoñecer Manolo que o teu primeiro post -desta andaina- sobre a guerra era en exceso simplista.
O que é en exceso simplista é que continuedes a lixar a nosa bandeira poñéndoa ao lado da dun estado asasino.
Completamente de acordo na sua vision do conflito D.Manuel.
Outrosi digo k vivimos nunha sociedade k laia por esos mortos e nin rechista por os abortos, por exemplo.
Vendo o outro dia o reportaxe da periodista estranxeira k estaba preñada de 8 meses e viña a abortar a Madrid, dabanme arcadas.
Esa e a dobre moral de occidente
PD.A bandeira ca estrela comunista (por certo, en nombre do comunismo houbo millons de mortos e nadie parece acordarse) representa a un partido politico, non a os galegos
A.Coruñes
Así me gusta, que vos vaiades aliñando onde debedes estar, contra os abortos, os palestinos e as estrelas vermellas. É algo que xa sospeitabamos.
Pareceche mal anonimo? Ou seika temos k ser do pensamento unico.Hai mais vida no mudo aparte do BNG
A. coruñes
Non o dirás por min. E por certo, a bandeira coa estrela vermella foi amplamente empregada por diversos grupos políticos antes de que o BNG existise. Segue a ser empregada por grupos que non son o BNG e seguirá a selo cando o BNG desapareza, diso que non che quepa duda.
Vomitivo e comparar a morte dun óvulo fecundado coa dun ser humano.
Postar um comentário
<< Home