18.1.09

Instalados na crise

No artigo da semana alerto sobre a importante dimensión da crise do sector da automoción en Vigo, con importantes efectos sobre o emprego.

Marcadores: , , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Despois de tanto "politiqueo" baixa vostede a area. Isto si e "a nosa terra", istos si son os nosos problemas, e ben serios.Agora que lle poñan o video de lady Quinn, a os parados de citroen, verá que coña lles fai.

7:04 PM  
Anonymous Anônimo said...

Estimado brétemas:

Non constitúe unha contradicción afirmar que a crise actual é produto do capitalismo neoliberal(sic) baseado na especulación e no "crecemento imparable e indefinido do consumo" e logo asinar uns parrágrafos máis abaixo as consecuencias do derrubo deste sistema como perniciosas para a sociedade?

Porque se a crise é de sistema, e o sistema é malo, o lóxico sería apludir o fin do mesmo malia as consecuencias económicas circustanciais, renovando o mesmo por un modelo alterantivo.

O que non ten moito senso é negar que a plantilla de 10.000 traballadores respondía a existencia dun consumo masivo de vehículos. Que queremos logo, consumo ou non? E se este ha de ser moderado, cal é a cifra de emprego que considera adecuada debe ter Citroën e o sector en xeral?
Pregunto, porque a sua afirmación "Non hai dúbida que mentres non se recupere o pulo destes mercados, será imposible para a factoría de Balaídos manter o nivel produtivo de anos óptimos" constitúe unha marabillosa contradicción sobre os postulados da crise, e do que considera necesario que volva a suceder.
Nos anos oitenta, desde correntes ideolóxicas de corte liberal se sostivo como alternativa ao socialismo real o denominado capitalismo popular, é dicir, o acceso pola clase media mediante as accións ás propiedades do sector productivo, e por tanto ás suas decisións e beneficios.

Tal ideario fallou ao desconectarse a relación directa entre managers profesionais das sociedades e os pequenos accionistas sen poder de decisión.
Hai están os casos de Enron, Telefónica, Santander, BBVA, etc.

Agora ben, desde a Esquerda tense ofertado un modelo alternativo, que non caia en experimentos patrocinados polo petróleo (Venezuela), a dictadura do Poliburó(China) ou a autarquia(Cuba)? A resposta é non.
Recoméndolle o seguinte artigo de De Ugarte para ampliar o debate.
http://www.exploradoreselectronicos.net/e4pedia/Democracia_econ%C3%B3mica

5:03 PM  
Blogger Brétemas said...

Estimado Óscar: son consciente desta contradición que non trato de agachar. Non teño dúbida que o crecemento continuado do consumo de coches (e polo tanto o mantemento dun cadro de persoal de máis de 10.000 persoas en Citroën) vai ser imposible. No artigo non propoño solucións para a crise, mais so alerto sobre as consecuencias que ten para o emprego. Non podemos seguir poñéndonos unha venda diante dos ollos. Empresas, administracións públicas e sindicatos teñen que abordar cómo facer esa inevitable reconversión (mais ese é o tema dun novo artigo). Agradezo a recomendación do artigo de De Ugarte.

7:57 PM  

Postar um comentário

<< Home