5.1.09

Dor sobre Gaza

Recomendo moi vivamente a lectura desta extraordinaria anotación recompilatoria de Eifonso Lagares sobre os desastres de Gaza. Proporciona varios vieiros alternativos na rede. Este é o caso da noticia sobre o blog conxunto que publican dous blogueiros, «Peace Man» dende Gaza e «Hope Man» dende Sderot. Publícase, tamén, un enlace cun estremecedor vídeo dunha explosión nun mercado que en todo caso, como nos informa Carlos Callón, non corresponde con este conflito. Outra anotación interesante é esta dos Futuros do libro sobre o seguimento do conflito na rede por parte de blogs palestinos e israelitas.
Diante de todas estas informacións sobre a invasión, semella que para o exército israelita –que, por certo, ao mesmo tempo que continúa pechando a entrada a Gaza aos xornalistas occidentais, abriu unha canle en you tube e un espazo en Facebook e outro en Myspace para difundir a súa visión da súa durísima invasión, como informa Juan Varela– a súa estratexia é infrinxir a maior dose de dor sobre a poboación de Gaza. Non hai dúbida que o poderoso exército israelita controlará a Faixa de Gaza (non sabemos en cantos días,) máis co seu proceder sementa as raíces do odio na poboación palestina durante moito tempo. Para romper esta espiral de dor insuperable (e dunha impresionante traxedia humanitaria), só vexo a posibilidade de que a Comunidade Internacional (os EE.UU., a Unión Europea, o Consello de Segueridade das Nacións Unidas) impoña decontado a súa autoridade sobre o goberno de Israel. Desgraciadamente, non vemos por ningures esta determinación para coutar este desastre.

Marcadores: , ,

6 Comments:

Blogger Carlos Callón said...

Bo día.

Non vin as imaxes (síntoo, non me dá o corpo), porén avísoche por se caeses no mesmo erro que en guerraeterna.com: http://www.guerraeterna.com/archives/2009/01/la_matanza_del.html

Parece que forma parte da campaña de propaganda, para deslexitimar a información alternativa que poida chegarnos para alén da censura do exército de Israel.

Boa noite de reis!

11:39 AM  
Anonymous Anônimo said...

já o dizia ABRAHAM B. YEHOSHÚA ontem no elpaís: os palestinos tenhem umha capacidade de sofrimento mui grande [?!!]. suponho que isso obriga ao governo israeli a fazer-lhes feridas enormes...

2:12 PM  
Blogger Ana Pintens said...

benquerido manolo.penso que pablo eifonso e eifonso lagares non son a mesma persoa nin na rede nin fora dela! bo ano 2009 para todos e todas!

7:32 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Pois ten razón Ana Pinténs. A recompilación que se cita é de Eifonso Lagares, no seu Blog Illas Cíes. Pablo Eifonso, ou sexa, eu, só publico actualmente en Vigoblog.
A nosa anotación en VB sobre Gaza é un interesante artigo (penso que inédito)de Carlos Sánchez Pardo.
Saúdos cordiais.

12:40 AM  
Blogger Eifonso Lagares said...

Bo día.

Gracias pola información do vídeo, xa está dende onte correxido e a referencia.

Xa vexo que outros aclaran o erro de Pablo Eifonso (Vigoblog) e eu, Eifonso Lagares (Islas Cíes blog).

Un saudo.

6:23 PM  
Blogger Brétemas said...

Eifonso, xa corrixín o erro. Ben sei que ti e Pablo sodes persoas diferentes. Onde tería eu a cabesiña? Saúdos de Manolo

6:49 PM  

Postar um comentário

<< Home