27.1.09

Voto acreditado

A reclamación presentada polo PSOE diante da Xunta Electoral Central (XEC) sobre a necesidade que os inscritos no censo de residentes ausentes que voten nas eleccións galegas do primeiro de marzo incorporen a súa papeleta o DNI ou pasaporte é unha lamentable (por non dicir vergonzosa) torpeza política. Con esta reclamación os responsables socialistas, encabezados por José Blanco –a pesar de xustificala en que «calquera cambio non procedementos de votación pode introducir unha dose de inseguirade xurídica nos resultados»– non fan máis que poñer sobre si mesmos os focos da sospeita; mais aínda cando está máis que comprobado que a fraude no sufraxio do CERA foi unha práctica habitual en convocatorias electorais anteriores. José Blanco quere que a XEC se pronuncie sobre que sucederá cos votos que non veñan acreditados e se isto suporá que seran declarados nulos, chegando a suxerir que isto podería supoñer que o PSOE puidese chegar a presentar un recurso diante do Supremo. En todo caso, os responsables socialistas galegos da emigración saben que co voto acreditado por DNI ou pasaporte (por certo, idénticos requisitos aos esixidos ao resto do electorado do interior) os sufraxios do CERA (un rexistro que xa supera os 300.000 inscritos, o 12,00 % do electorado) inevitablemente, diminuirán xa que son moitos os electores que carecen desta documentación (o que non deixa de constituír un paradoxo) e tampouco teñen tempo dnin posibilidade e obtela nos consulados españois. Unha diminución que supoñen lles prexudicará, na medida que nas máis recentes convocatorias os socialistas, como partido do goberno, sempre obtiveron a maior porcentaxe de votos. Non hai dúbida que a única solución viable para asegurar a lexitimidade das votacións do CERA é por medio de urna, o que sabemos require unha modificación da Lei Electoral. No entanto, mentres isto non chega, semella moi razoable que o voto emigrante no exterior (os dos emigrantes galegos no resto do estado e o dos mariñeiros está vedado para eles) sexa, canto menos acreditado, nas mesmas condicións que o do resto dos cidadáns. Imaxinamos o que podería suceder a estas alturas, se a maioría en litixio se obtivese grazas aos sufraxios do CERA? Imaxinamos que lexitimidade (como lembrou hoxe Feijoo) tería unha vitoria obtida nestas condicións?

Marcadores: ,

9 Comments:

Blogger pablo gonzalez said...

Estimado amigo,

Non deixa de ser curiosa o feito de que fora Pepe Blanco quen dende Madrid anunciara esta iniciativa. O "mal rollo" entre Touriño e a estrutura do Psoe madrileño faise cada vez máis evidente, por se non chegara coa labor de zapa de Caballero.

Vanlle exixir bos resultados electorais cando lle fan xogadas destas.

3:27 PM  
Anonymous Anônimo said...

Pepiño (como di o outro) eche moito pepiño de nuestro señor

6:59 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non concordo con que o voto en urna sexa o único que poida dar lexitimidade. Existe algo chamado DNI electrónico, que por Lei outorga plena identificación ao cidadán, e que podería facilitar o voto por Internet, algo especialmente útil para os que non están preto dun colexio electoral (galegos da diáspora, mariñeiros, desprazados...).

Estes políticos nosos só se lembran de Internet para facer ridículos webs supostamente modernos pero que poñen en relieve que non pretenden facilitar a decisión cidadá por medio das NTIC.

11:47 AM  
Anonymous Anônimo said...

Di Bragado: "Imaxinamos o que podería suceder a estas alturas, se a maioría en litixio se obtivese grazas aos sufraxios do CERA?"

Pois resúltame difícil de imaxinar xa que a maioría sempre se obterá grazas a unha porcentaxe de votos maior do 50%, e coido que o CERA non chega a tanto, non é? ;-D Xa abonda de mixtificacións en torno ao voto dos emigrantes. Son minoría e NUNCA a minoría pode DECIDIR máis cá maioría.

11:50 AM  
Anonymous camiño de recorte said...

Información moi útil Este é unha plataforma de blogging legal.

1:25 AM  
Anonymous Clipping Mask Asia said...

Great post indeed. Wishing all the best.

7:55 PM  
Blogger soniaattkan said...

http://lloydenergy.co.uk/bills-billing.php
my utilities
first utility
my utilities review
my first utility in uk

http://lloydenergy.co.uk/notice-energy-supplier.php
Extra Energy
Extra Energy Business
Extra Energy Smart Meter
Extra Energy Tariffs

http://ajorganics.co.in/
Aj Organics Green Tea
Aj Organics
Organics Green Tea

1:37 PM  
Blogger hannah said...

Are you looking for Ship to Europe from china? what is cheapest air freight from china to canada. what is best freight forwarder from china to usa? Do you need freight forwarder from china to Canada? what is best sea freight from china to usa? how long does Ship from china to Europe take?

11:36 AM  
Blogger Cut Out Way said...

wow, really great post. wonderful knowledge to read the blog. Please keep sharing more tips like this. Thanks for the sharing.
Photo Cut Out
Image Post Production

11:31 PM  

Postar um comentário

<< Home