27.1.09

«Yom HaShoah», Día do Holocausto

Non o esquezamos, hoxe é o «Yom HaShoah«, o «Día da memoria do Holocausto e da prevención dos crimes contra a humanidade», declarado así pola ONU como xornada en recordo das vítimas do exterminio nazi, no que morreron asasinados seis millóns de persoas. Celebramos o sesenta e tres aniversario da liberación por parte do Exército Vermello de Auschwitz-Birkenau, o campo de exterminio, concentración e traballos forzados máis grande construído polos nazis en Polonia durante a Segunda Guerra mundial. Tras o masacre de Gaza, é oportuno aproveitar esta xornada, sobre todo no ámbito educativo, para recordar a todas vítimas dos crimes sobre a humanidade e reafirmar os valores de igualdade, liberdade e dignidade de todos os seres humanos.

Marcadores: ,

11 Comments:

Blogger SIMON BAR KOCHBA said...

Estimado senhor,

permito-me fazer-lhe duas observações, uma técnica e outra de índole moral.

Em primeiro lugar, deve você saber que hoje é o Dia em Memória da Shoá, tal e como foi estabelecido pela ONU, e não o Yom HaShoa, que desde 1959 está instituído que se celebre o 27 de Nissan (21 de Abril este ano, segundo o calendário gregoriano); quer dizer, exactamente oito dias antes da celebração do Dia da Independência do Estado de Israel, do que você abomina.

Em segundo lugar, demonstra uma muito baixa catadura moral assim como grande frivolidade associar pela sua parte esta data, de inegável opróbio para todo o género humano, com o recente conflito armado entre o exército israeli e o clão terrorista comandado por Hamas.

Se o medita detidamente duvido que o senhor poida conciliar a sua conciência pelas noites.

Com os meus cumprimentos, seu


Simon Bar Kochba

10:25 AM  
Anonymous Anônimo said...

Esto es increible. Me niego a considerar que los judios son unos homicidas violentos pero desde luego no tengo ninguna duda sobre la catadura moral de quien envía el post anterior.!El mundo al revés! Los asesinos son las víctimas.

10:41 AM  
Anonymous Anônimo said...

¿De qué otro modo, que no sea genocidio, se puede entender la actuación de Israel en Gaza? Con el consentimiento de todas las naciones, eso sí. Todos somos culpables.

10:43 AM  
Anonymous Anônimo said...

SIMON BAR KOCHBA : Que eu saiba na Coruña non se fala tan "raro" como vostede escribe, que xa logo hai que ir buscar un traductor para entendelo.A ver si pode intentar escribir en galego ou castelan. Gracias.

6:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Meu deus: Que medo mete o Sr.SIMON BAR KOCHBA, teña coidado Sr. Bretemas porque o Mosad os ten ben ensinados e si o seu deporte favorito e o tiro o bebe, que faran cos demais que coma vostede que fai un artigo laudatorio e sobre os dereitos de todos, incluidos os sionistas, e o tal D. Simón o amenaza iso si moi sibilinamente. Saudos e Sr. Simon non teña medo que aqui nos repugnan os imperialistas pero sabemos que o demo é malo pero non tanto.

7:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

Don Simon: ¿tomou moito da súa marca ou é sinxelamente un ser humano co cerebro comido por algún tipo de cegueira relixiosa? Paz, colega, e cámbiese o nome real, que non lle corresponde.

Parabéns polo post, Brétemas.

9:39 PM  
Blogger albixoi said...

Concordo totalmente coa súa reflexión, Brétemas.

10:14 PM  
Anonymous Anônimo said...

Degrazadamente os rusos non liberaron Auschwitz. Chegaron a el. O que é máis triste. Cando lle preguntaron logo da Guerra aos dirixentes ingleses porque non dixeran nada dos campos, defensivamente sinalaraon que era para que a poboación inglesa non pensara que a guerra era por causa dos xudeus e así se opuxese á mesma.
6 millóns de asasinados como os da foto que vostede pon no blog, non poden ser comparados coas mortes colaterais (por suposto abominables, inxustas, etc. pero non obxectivo buscado polos atacantes, ainda que como é obvio si por Hamas) que se produciron en Gaza.
Que a paz é posible cos Palestinos vémolo continuamente nesa Cisxordania que á penas se mobilizou en defensa de Hamás.

12:07 AM  
Anonymous Anônimo said...

En Gaza, Goliath fala hebreo.

Golda Meir, antiga ex Primeiro Ministro de Israel, dixo no seu momento que odiaba ós árabes. ¿Por qué? Porque obrigaban ós israelíes a tratalos ... como os trataban. O último ataque israelí contra Gaza lembra o fariseísmo desta responsable, pero tamén o seu pesimismo de odio. Meir, nunca creu na paz cos árabes. A maioría dos israelíes tampouco cren.
… continuación no Le Monde Diplomatique, Febreiro de 2009)
http://www.monde-diplomatique.fr/2009/02/SEGUEV/16776
Tom Seguev, xornalista et historiador israelí

8:46 PM  
Blogger R.R. said...

Cando un ten o costume de contar os mortos por ducias ou por centos ou por miles esquece que cada un deles é unha vida coa que alguén acabou.

Para os xenocidas, as poucas ou moitas mortes son danos colaterais se se producen por cumprir as súas obsesións políticas ou relixiosas.

A maioría da xente do mundo condena tanto as mortes de xudeus como as de árabes. O problema son os que están dun bando ou doutro coma vostedes.

Enténdano, é ben fácil se un non está cegado. Resposta tras resposta á busca da solución, o regueiro de sangue non parará nunca. E non negará que estes días o que ven de Gaza vai máis cheo.

12:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

Os homes exterminamos homes. Todas as nacions, as relixions, os grupos teñen historias de exterminio e ninguhna e mellor que outra.O odio cega e converte as victimas en verdugos. As victimas agora non son solo as palestinas, pero en Palestina está masacrándose a población.

5:45 PM  

Postar um comentário

<< Home