Xerador de anuncios
Despois do acontecido onte coa revista Retranca, está asegurado o éxito da súa campaña de promoción en Vigo. A capacidade negociadora de Kiko da Silva conseguiu que nos vindeiros días os vitrasas da liña C-1 circulen nas súas traseiras con este slogan tan retranqueiro: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen? A min gústame máis que o orixinal, retirado polos responsables da empresa de transportes. Lémbrame ao humor que xoga co equívoco, indispensable nos tempos da ditadura e do tardofranquismo para explorar límites, cando Bibiano cantaba aquilo de «Abaixo a dentadura» ou cantabamos con Luis Llach «L'estaca». No entanto, o acontecido coa campaña de Retranca en Vigo, pon en evidencia a utilidade do humor para visibilizar problemas que permanecían agachados ou ocultos; ao tempo que amosa (por decepcionante que isto semelle para a liberdade de expresión, a existencia de temas que non poden ser abordados publicamente (dubidar da existencia de deus, non pode ser considerada unha acción que violente a ningún outro cidadán). En todo caso, para seguir ensaiando campañas retranqueiras nos buses, existe na rede este xerador de anuncios, que convido a utilizar como recurso didáctico nos centros escolares.
Marcadores: Publicidade, Recurso_didáctico
3 Comments:
A min Kiko caeme ben, pero cambiar Deus por Zeus e unha baixada de pantalons. Ademáis non entendo cal é o problema de Vitrasa.
A cuestion e o escandalo po lo escandalo, e dar k falar.E a o final...nada.
A.C
Manuel, é que non cambiamos DEUS por Zeus, cambiamos Deuses por ZEUS. A menxase da nosa campaña non ten que ver con Deus ao contrario a nosa intención é crear outro debate o da pouca atención que se lle dá a Cultura Galega. A nosa mensaxe funciona incluso mellor así, con Zeus. Dannos igual os debates teolóxicos de Vitrasa, se tiñan medo de que os Politeistas protestaran, nós resolvémoslles o problema rápidamente con retranca que diso temos de sobra.
Postar um comentário
<< Home