5.2.09

Xerador de anuncios

Despois do acontecido onte coa revista Retranca, está asegurado o éxito da súa campaña de promoción en Vigo. A capacidade negociadora de Kiko da Silva conseguiu que nos vindeiros días os vitrasas da liña C-1 circulen nas súas traseiras con este slogan tan retranqueiro: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen? A min gústame máis que o orixinal, retirado polos responsables da empresa de transportes. Lémbrame ao humor que xoga co equívoco, indispensable nos tempos da ditadura e do tardofranquismo para explorar límites, cando Bibiano cantaba aquilo de «Abaixo a dentadura» ou cantabamos con Luis Llach «L'estaca». No entanto, o acontecido coa campaña de Retranca en Vigo, pon en evidencia a utilidade do humor para visibilizar problemas que permanecían agachados ou ocultos; ao tempo que amosa (por decepcionante que isto semelle para a liberdade de expresión, a existencia de temas que non poden ser abordados publicamente (dubidar da existencia de deus, non pode ser considerada unha acción que violente a ningún outro cidadán). En todo caso, para seguir ensaiando campañas retranqueiras nos buses, existe na rede este xerador de anuncios, que convido a utilizar como recurso didáctico nos centros escolares.

Marcadores: ,

4.2.09

Vitrasas con retranca?

"Probablemente os deuses non existen, pero a cultura galega si", este era o lema da campaña promocional da revista "Retranca" nos vitrasas. Que foi o que sucedeu?

Marcadores:

10.1.09

Projecto Clarice no Porto

20.12.08

Postal de Natal


Lisboa editora publicou este vídeopostal para felicitar o Nadal ao profesorado. A verdade é que o resultado non é moi orixinal. Porén, quedámonos coa idea de empregar este formato no sector editorial.
Vía Blogtailors.

Marcadores: ,

11.12.08

Lectura en Quebec


Marcadores: , ,

7.12.08

Os murais do Faro

No artigo da semana recomendo visitar a exposición dos murais do Faro instalada na Estación Marítima de Vigo. Unha interesante lección de historia local.

Marcadores: , , , , ,

3.12.08

Campaña canadiana de fomento da lectura

Vía Ediciona e a revista Babar coñezo esta impactante campaña de fomento da lectura entre os nenos e as nenas promovida pola Fondation pour l'alphabetisation de Canadá. Diversos personaxes de contos infantís deambulan agonizantes polos espazos dun hospital para expresar que se os nenos deixan de ler eles morrerán (o lema da campaña: «Cando non lemos a imaxinación desaparece»). A Cincenta turrando do goteiro polos corredores , Peter Pan en cadeira de rodas na soidade do seu cuarto ou a Carapuchiña na sala de urxencias son algunhas das imaxes desta sorprendente campaña de «sensibilización» lectora. Os vídeos da campaña poden verse enlazados desde aquí (por máis que procurei non os din atopado en you tube). Unha proposta que obriga a reflexionar sobre o valor profunda da lectura e da ficción.

Actualización (04-12-2008): Grazas, Ronsel. Claro que o vídeo se pode ver en you tube:

Marcadores: , ,

25.11.08

Retrasocero.com




Espectacular comezo publicitario do do Xornal de Galicia. Moi ben, moi ben!

Marcadores: , ,

2.11.08

Outro mundo posible?

30.10.08

Vivamos coma galegos en Nova York


Volve a campaña de Gadis.

Marcadores: ,

4.10.08

«Rush», vídeo interactivo da Volvo Ocean Race


Coñezo grazas a Julián Gallo, Rush, este impactante trailer do vídeo de promoción da nova edición da «Volvo Ocean Race». A singularidade é que na pantalla aparece un mosaico de catro imaxes sobre as que o espectador pode tomar decisións sobre os protagonistas da aventura. Verdadeiramente novidoso este relato interactivo. Outra posibilidade da nova ficción dixital.
Enganchamos na páxina o trailer promocional existente en youtube. Para ver o vídeo completo mellor enlazar aquí.

Marcadores: ,

9.7.08

Pó dos livros


Eis como se anuncia na rede a libraría Pó dos livros. Un novo tipo de booktrailer. O blog desta libraría independente é magnífico, sobre todo a utilización dos vídeos e da música.
Tirado de Blogtailors.

Marcadores: , , , ,

6.7.08

Library of Congress

4.7.08

Palabras encadeadas


O anuncio da nova campaña da Secretaría de Política Lingüística é simpático, ten ritmo, déixase ver, aínda que conceptualmente seméllame frouxiño. Ben sabemos que con anuncios non se soluciona o devalar do idioma entre os mozos e mozas.

Marcadores: , ,

17.6.08

Llegir en valenciá




Curiosos anuncios de televisión que forman parte da campaña de lectura "Llegir en valenciá".

Vía: Joan Carles.

Marcadores: , , ,

21.5.08

Get London Reading


A actual campaña de promoción da lectura que se está desenvolvendo en Londres utiliza, coma a galega (que comezará a utilizar os valados), os textos literarios e a súa presenza sobre formatos cotiáns como o primeiro reclamo. Gústanme as dúas.

Marcadores: , ,

3.5.08

O xogo da serpe


É adoito que os anuncios de Nike sexan moi impactantes. Neste (dous minutos), protagonizado por xogadores como Cecs, Cristiano Ronaldo, Ronaldinho ou Sneijder (entre outros) ofrécese unha visión do fútbol empregando unha cámara subxectiva, dentro e fóra do estadio. Algúns malabarismos pagan a pena. Outra mostra de publicidade impactante.
Vía Julián Gallo.

Marcadores: , ,

28.4.08

Publicidade revolucionaria


Vía Juan Gallo.

Marcadores: ,

23.4.08

"Máis libros", o anuncio


O anuncio da campaña é xeitoso visualmente, aínda que me custa entender que non apareza, sequera nalgunha ráfaga, algún dos soportes convencionais de lectura, sexan os impresos ou as pantallas. Con todo, o máis frouxo, pareceume, o tópico de considerar a lectura como unha "actividade apaixonante", desbotando o concepto de utilidade na construción persoal. Mágoa que estes publicistas (entendo que coruñeses) non atinasen neste anuncio tanto como fixeron noutras ocasións anteriores.

Marcadores: , , , ,

22.4.08

"Máis libros"

Polo pouco que puiden ver ata agora, a campaña Máis libros, incluída no Plan galego de Lectura, ten moi boas trazas. O concepto de lectura utilizado é o que vimos defendendo, situándoa por riba do soporte libro e do espazo onde se realiza. A aposta decidida pola libraría de cultura e pola biblioteca fundamental. O eslogan é moi acertado, vencellado a lectura cos valores da liberdade, subliñando así o seu carácter cívico. O deseño gráfico, baseado no protagonismo dos textos sobre diversos soportes cotiáns (briks de leite, rolos de facturas...) pareceume moi elegante. En definitiva, gustoume moito e levei unha boa alegría. A campaña promete. Porén, chamoume a atención, segundo puiden ver no vídeo da noticia de Vieiros, que na presentación da campaña da Consellaría de Cultura se colocasen sobre a mesa "monstros de libros" publicados por editoriais privadas co logotipo da Xunta de Galicia no lombo. Constitúe unha imaxe equívoca que pode levar a malentendidos e subliminalmente a afondar no prexuízo de sector subvencionado que dende tantos anos persegue aos editores privados galegos.

Marcadores: , ,