17.4.05

Autores a seguir

O máis bonito da Fiera é contrastar os descubrimentos que fixo cadaquén.
No libro ilustrado os editores franceses continúan ofrecendo bo gusto e unha innovación permanente. Sen embargo, na ficción para xoves (esa "young fiction" tan popular hoxe) os autores e autoras en fala inglesa son os que máis expectativa crean. Apunto algunhas pistas a seguir: Aidan Chambers (Premio Andersen 2002, apenas traducido en castelán, coa excepción dese soberbio Postales de la tierra de nadie, un dos mellores libros sobre a identidade sexual que teño lido); Sandra Gloover (na feira presentábase a súa última novidade, Spiked!); Philip Pullman (Premio Astrin Lindgren deste ano, de quen se teñen traducido varios dos seus títulos, Marilar recomenda Luces del norte); Melvin Burgess (o autor do guión e da novela de Billy Elliot, de quen hai traducido ao galego (sen cortes ningúns) a estremecedora Ionqui e que, recentemente publicou a durísima Doing it).
Sen esquecer nunca nesta relación, ao grande dos grandes (é a miña querenza) Jostein Gaarder, claro! Produciume unha intensa emoción ver as edicións orixinais dos seus libros en noruegués no estand de Aschehoug. Gaarder amosa que é posible o nos soño.

Marcadores: ,

5 Comments:

Blogger Jaureguizar said...

Ionqui é estarrecedor e magnífico

12:51 PM  
Blogger Peke said...

De Pullman hai máis cousas traducidas que a triloxía de luces; cando menos eu teño tres libros seus máis cós que citas. É un excelente escritor e fabulador.

2:01 PM  
Blogger Brétemas said...

Peke: tomo nota e corrixo o post. Agradecido pola precisión

5:01 PM  
Anonymous Anônimo said...

off topic:

Por si non o liches, en Libro de notas hai un interesante post sobre a literatura infantil: La distribución y comercialización de la literatura infantil y juvenil

11:44 AM  
Blogger Brétemas said...

Pois si que é ben interesante. O Anuario de SM tamén merece interese. Agradecido polo enlace.

2:57 PM  

Postar um comentário

<< Home