15.4.05

Kalandraka

A única editora galega con estand propio é Kalandraka. As tres persoas, que están na feira, da editora de álbums infantís non paran. Kalandraka Editora S.L., a matriz pontevedresa, diversificouse en apenas cinco anos, conformando unha rede de edición en varias linguas e de exportación a diversos mercados; desa necesidade naceron: "Kalandraka Ediciones Andalucía", "Kalandraka Editora Portugal" e a propia empresa de comercialización e distribución da rede. A calidade e orixinalidade do seus álbums revolucionou o mercado, sendo reconhecida de xeito unánime polo sector. Parabéns para Ballesteros e cía.

Marcadores: ,

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

La calidad con que se presenta en el mercado es difícil de superar. Se entiende por qué autores e ilustradores sueñan con publicar en un sello que se afianza día a día en el mercado editorial.

9:44 PM  
Blogger Brétemas said...

Kalandraka é un modelo de edición, promoción do libro e comunicación cos pequenos lectores. O seu éxito é ben merecido

9:56 PM  

Postar um comentário

<< Home